Xunta de Galicia

A Xunta comeza as obras de acondicionamento das vías próximas ao enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55

A Xunta comeza as obras de acondicionamento das vías próximas ao enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Os traballos iniciáronse coas melloras da drenaxe dunha canle fluvial entre a A–55 e o ramal de enlace coa N–551 e do pavimento do viario municipal afectado pola actuación nesta zona

A intervención conta cun investimento de máis de 1M? e permitirá mellorar as condicións das vías afectadas pola execución da nova conexión da autovía

Actuarase no treito da N–551 que discorre entre as interseccións do antigo enlace da autovía e que pasará a ser de titularidade autonómica, construíndo beirarrúas e reordenando o aparcadoiro

Renovarase o firme dun treito da A–55 e instalaranse pantallas acústicas adicionais

A Xunta acaba de iniciar as obras de acondicionamento das vías situadas na contorna do enlace da autovía Tui–A Guarda coa A–55 e o polígono de Areas, en Tui. Esta actuación, na que a Administración autonómica inviste máis dun millón de euros, ten como obxectivo realizar adaptacións do viario á nova configuración da circulación tras a execución da conexión da autovía Tui–A Guarda coa A–55 e o polígono de Areas, en funcionamento desde o pasado mes de febreiro tras un investimento autonómico de 26 M?.En concreto, realizaranse intervencións nun treito da N–551 que pasa a ser autonómico, na autovía A–55 e en viarios municipais do polígono de Areas e da súa contorna que resultaron afectados pola execución das obras da autovía. Os traballos comezaron esta semana coa mellora da drenaxe dunha canle fluvial entre a A–55 e o ramal de enlace coa N–551, e tamén coa mellora do pavimento do viario municipal afectado pola execución da obra, na mesma zonaAs intervencións no treito da N–551 incluirán a adaptación da sección transversal, con eliminación do carril central que quedou sen uso, a construción de beirarrúas e a reordenación do aparcadoiro. Nos vaos peonís colocarase pavimento táctil. Tamén se procederá á reposición do firme existente, á disposición dunha parada de autobús, á execución dunha nova rede de pluviais ou á mellora da rede de iluminación.No caso das actuacións na A–55, centraranse na renovación do firme e na instalación de pantallas acústicas adicionais.Prevense, ademais, outros remates como o acondicionamento das glorietas do polígono de Areas por onde se desviou o tráfico e melloras en distintos camiños municipais da contorna do polígono.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

05:00H | 08 NOV 2024 | BOLETÍN