Xunta de Galicia

A Xunta comprométese a fortalecer a colaboración internacional ao redor da ruta xacobea coa Federación Europea do Camiño de Santiago

A Xunta comprométese a fortalecer a colaboración internacional ao redor da ruta xacobea coa Federación Europea do Camiño de Santiago

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, comprometeu o apoio do Goberno Galego a fortalecer a colaboración internacional ao redor da ruta xacobea a través da Federación Europea do Camiño de Santiago, “porque a ruta xacobea é un dos grandes proxectos históricos de Europa e un dos poucos proxectos comúns europeos que segue vivo tras 1.200 anos”.Xosé Merelles participou esta mañá na asemblea xeral desta entidade, na que a Xunta ostenta a Presidencia, onde apostou por que esta Federación teña capacidade “para xestionar proxectos que melloren a protección, xestión, desenvolvemento e promoción dos roteiros xacobeos”, e tamén para analizar a situación do Camiño en canto ás súas posibilidades, riscos e fortalezas. Para tal fin, o director de Turismo de Galicia adiantou que se puxo a disposición da Federación “os nosos especialistas no Camiño de Santiago, integrados na sociedade de xestión do Plan Xacobeo; ofrecemos a nosa sede e persoal para operar este Itinerario, e asumimos, xunto coa Federación Portuguesa, os traballos de preparación das memorias e informes necesarios para renovar a certificación do Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

13:00H | 05 OCT 2024 | BOLETÍN