Xunta de Galicia

A Xunta e o Concello de Ribadeo estudan fórmulas de colaboración en materia de augas

A Xunta e o Concello de Ribadeo estudan fórmulas de colaboración en materia de augas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo estudan fórmulas de colaboración de cara a mellorar o saneamento e abastecemento de augas na localidade.Nesa liña, nunha reunión que mantiveron recentemente a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, Daniel Vega, analizaron a situación da iniciativa para mellorar o saneamento do núcleo urbano.Tal e como lle avanzou a conselleira ao rexedor, a previsión é adxudicar despois do verán a elaboración dun estudo previo para analizar as actuacións de mellora a desenvolver na rede de saneamento do núcleo urbano, que foi licitado o pasado mes de marzo, cun orzamento de preto de 280.000 euros.A maiores, durante o encontro tamén avaliaron a necesidade de implementar melloras no sistema de abastecemento de auga e dar solución ao problema que supoñen as perdas que sofre a rede.Cómpre indicar que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á s súa veciñanza.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados