Xunta de Galicia
A Xunta declara tres novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica en explotacións bovinas da provincia de Lugo
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
Estes focos detectáronse nas comarcas veterinarias dos Ancares, Sarria e Terra de Lemos–Quiroga , que se suman aos outros sete xa notificados na provincia de Ourense
Cómpre sinalar que nestes momentos xa se está comercializando, baixo prescrición veterinaria, unha vacina autorizada fronte ao virus da EHE, desenvolvida pola farmacéutica galega Zendal
Por parte da Consellería do Medio Rural lévanse facilitado indemnizacións en Galicia por animais falecidos a consecuencia desta enfermidade, unha liña de apoio que continúa aberta
A Consellería segue reclamando ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a activación urxente dos 15 millóns de euros comprometidos para a loita contra esta enfermidade
A Consellería do Medio Rural notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección dos primeiros focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) na provincia de Lugo. Trátase de tres focos localizados nas comarcas veterinarias dos Ancares, Sarria e Terra de Lemos–Quiroga. Coa declaración destes novos focos, Galicia ten notificados focos en 10 comarcas veterinarias, sete na provincia de Ourense e os restantes na provincia de Lugo, neste novo período estacional 2024 de circulación do vector transmisor. O número de explotacións e animais afectados confirmados en laboratorio é de 133 e 225 respectivamente.Ao tratarse dos primeiros focos notificados en 2024 na provincia de Lugo, o primeiro deles, na comarca veterinaria dos Ancares, foi confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete e o resto polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, este último dependente da Consellería do Medio Rural.A EHE é unha enfermidade infecciosa pero non contaxiosa producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides,spp. Dada a vía de transmisión, esta doenza aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Hai, polo tanto, un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao no existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais.A única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, esta doenza non afecta ás persoas, que non poden enfermar nin pola picadura do mosquito transmisor, por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite…) destes animais.A Consellería do Medio Rural foi unha das pioneiras neste sentido e habilitou en 2023 a indemnización dos animais falecidos a consecuencia desta enfermidade, que continúa tamén en 2024. A estas sumaranse tamén as axudas por tratamentos veterinarios aos animais afectados ou por uso de desinsectantes nas explotacións, comprometendo o MAPA un total de 15 millóns de euros en toda España para este fin neste ano, pero aínda pendentes de aprobarse e derivarse ás comunidades autónomas.Neste sentido, a Consellería do Medio Rural reitera a necesidade de que se activen, mediante o correspondente Real Decreto, eses 15 millóns de euros comprometidos para a loita contra esta enfermidade. É urxente adoptar esta medida para que as comunidades autónomas poidan, á súa vez, habilitar as correspondentes ordes de axudas e facer chegar os fondos á maior brevidade posible aos gandeiros, tendo en conta o axustado dos prazos a estas alturas do ano.Cómpre indicar que, en Galicia, ao fin da pasada estación de circulación do vector, a Consellería rexistrou un total de 641 explotacións, sobre un censo superior ás 30.000 explotacións bovinas, nas que resultaron afectados 1.484 animais, cun índice de mortalidade do 1,09%.Ao tratarse dunha enfermidade vírica non hai tratamento curativo, pero existe unha vacina desenvolvida pola farmacéutica galega Zendal e autorizada pola Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios, que xa está dispoñible para a súa adquisición baixo prescrición veterinaria.Ademais da protección inmunolóxica que suporá a administración da vacina, é fundamental a aplicación de medidas preventivas encamiñadas a evitar o contacto dos animais co mosquito vector, en concreto:
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando