Xunta de Galicia

A Xunta destaca o papel do Encontro de Torneiros de Xermade na visibilización e na divulgación deste oficio artesanal

A Xunta destaca o papel do Encontro de Torneiros de Xermade na visibilización e na divulgación deste oficio artesanal

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación do XXIV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se celebrará en Xermade (Lugo) os días 20, 21 e 22 de setembro, e no que a Xunta colabora desde a primeira edición

Na programación deste ano incluiranse demostracións de profesionais de recoñecido prestixio internacional como a británica Helen Bailey, a francesa Géronime, o torneiro Pedro Clavero (Andorra) e o galego Lolo Castro, gañador do Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2018

A Xunta continúa coa súa aposta polos eventos monográficos de divulgación e de posta en valor dos oficios artesanais galegos, como é o caso da tornería de madeira. Así o manifestou a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, durante a presentación do XXIV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, que se vai celebrar en Xermade os días 20, 21 e 22 de setembro, e que segundo as súas palabras constitúe unha cita de referencia deste oficio en Europa. Durante tres días, Xermade converterase de novo nun espazo de intercambio e de aprendizaxe dirixido tanto a profesionais como a afeccionados á tornería de madeira, un evento centrado no mantemento, na recuperación e na evolución deste oficio de longa tradición en Galicia, desde o máis funcional ata o máis artístico, que conta coa colaboración da Xunta desde a súa primeira edición. No programa de actividades contémplanse demostracións e talleres impartidos por profesionais de recoñecdido prestixio internacional, mostra de pezas dos participantes e a XVI edición da Exposición Itinerante de Madeira Torneada CONtornos, na que se amosarán pezas seleccionadas durante o Encontro de Torneiros do ano pasado. Entre os profesionais convidados a realizar demostracións nesta XXIV edición, atópase unha representación das novas xeracións do oficio como a británica Helen Bailey ou a francesa Gérnonime; e perfís coma o de Pedro Clavero (Andorra) ou Lolo Castro, Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2018 pola súa dilatada experiencia no oficio e o seu importante papel na súa divulgación e transmisión ás novas xeracións de artesáns.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN