Xunta de Galicia
A Xunta destaca o papel vertebrador do polo de emprendemento do Carballiño, que xa asesorou preto de 130 proxectos co foco na dinamización e a remuda
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
José González mantivo esta mañá un encontro cos representantes de tres iniciativas nacidas ao abeiro deste Polo: Buscalume, Llobar Téxtil e Creativa23
A Rede de polos conta xa con 14 oficinas en Galicia, sendo a do Carballiño unha das catro abertas en Ourense, xunto coas do Barco de Valdeorras, Baños de Molgas e Verín
Das iniciativas atendidas polos técnicos do polo, ata un 9% son proxectos específicos de remuda, orientados a garantir a transmisión e continuidade dos negocios
No total de toda a Comunidade, a iniciativa xa prestou axuda a máis de 2.200 proxectos e realizou 6.000 titorías desde xullo de 2022
Galicia vén de ser recoñecida como Rexión Emprendedora Europea 2025 por actuacións innovadoras como é esta Rede, o Mapa do Emprendemento ou o proxecto piloto de coliving para darlle un pulo ao emprendemento no rural
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe o Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño, no que se presta de xeito gratuíto asesoramento a calquera persoa que desexe emprender un negocio en Galicia ou consolidar o que xa ten. Esta oficina é unha das catro en funcionamento na provincia de Ourense, xunto coas do Barco de Valdeorras, Baños de Molgas e Verín.Alí, o titular de Emprego puxo en valor o impacto desta iniciativa autonómica, posta en marcha en 2022, e que na actualidade conta xa con 14 polos activos, espallados por todo o territorio galego. Tamén mantivo un encontro con representantes de tres iniciativas nacidas ao abeiro do Polo: Buscalume –empresa de xogos de mesa posta en marcha por dous galegos retornados–, Llobar Téxtil –cooperativa fundada por catro traballadores que permitiu a permanencia dunha empresa téxtil cando os propietarios orixinais se xubilaron– e Creativa23 –proxecto de emprendemento de fotografía e vídeo–.José González destacou que estes tres casos de éxito forman parte do total de 129 proxectos que leva atendido o Polo do Carballiño desde a súa apertura, acumulando 344 titorías realizadas. Os proxectos abranguen diferentes sectores, predominando as actividades profesionais, científicas e técnicas (18%), seguido da hostalaría (17%) ou o comercio (16%). Ademais, un 56% das persoas emprendedoras son mulleres.Deles, unha decena correspóndense con iniciativas impulsadas por galegos retornados. Mentres, o 9% son proxectos específicos de remuda, orientados a fomentar o proceso de transmisión de negocios que xa están en funcionamento, principalmente relacionados co comercio, a hostalaría e as actividades artísticas, recreativas e de entretemento.No que respecta ao total da actividade dos Polos da provincia de Ourense (O Barco, Baños de Molgas, O Carballiño e Verín), o total dos proxectos atendidos ata o de agora é de 430, incluíndo 1.135 titorías. A través da Rede de polos, a Xunta busca dinamizar a economía local e fomentar a iniciativa emprendedora na comunidade, co obxectivo de xerar un ecosistema de apoio ás persoas emprendedoras, impulsando as oportunidades de negocio que ofrece a comunidade galega, con especial foco no rural, e aproveitando os discursos dispoñibles. Ao longo destes dous anos de actividade, prestouse asesoramento en toda Galicia a máis de 2.200 proxectos empresariais en diferentes fases e realizáronse preto de 6.100 titorías. Ademais, durante a visita de hoxe o conselleiro lembrou que está previsto que a Rede se siga ampliando proximamente, coa incorporación dun novo laboratorio en Vilanova de Arousa, na provincia de Pontevedra. O pulo que lle está a dar Galicia ao empredemento fíxoa merecedora recentemente do premio á Rexión Emprendedora Europea 2025, recoñecendo así medidas innovadoras do Goberno galego como son, ademais da Rede de polos, o Mapa do Emprendemento virtual –con 190 entidades xa adheridas, que integrará todos os axentes, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio en Galicia– ou o proxecto piloto de coliving, en colaboración coa asociación Sende, no concello ourensán de Lobeira, para atraer nómades dixitais ao rural.O obxectivo destas actuacións innovadoras é impulsar a vertebración e cohesión do territorio galego, fomentando ademais a creación de emprego de calidade.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando