Xunta de Galicia

A Xunta destina 5.1 M? á adquisición de tubos de extracción de sangue e outro material para garantir o control da trazabilidade das mostras biolóxicas

A Xunta destina 5.1 M€ á adquisición de tubos de extracción de sangue e outro material para garantir o control da trazabilidade das mostras biolóxicas

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O novo material destinarase ás 7 áreas sanitarias galegas e permitirá manter os estándares de calidade e seguridade no proceso de extracción, transporte e análise de mostras biolóxicas

A duración do contrato é de tres anos coa posibilidade de prórroga por dous anos máis

O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 1 de outubro de 2024

A Xunta publica no

a licitación do subministro de tubos de extracción de sangue por baleiro, sistemas de control da trazabilidade das mostras e neveiras–contedores para as sete áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde. A compra supón un investimento de 5,1 millóns de euros e ten como obxectivo garantir a realización, transporte e análise das mostras biolóxicas.O contrato terá unha duración inicial de tres anos e contempla a posibilidade de prórroga por dous anos máis.Esta nova adquisición constitúe a segunda compra centralizada que se realiza para este tipo de material sanitario e atópase dividida nun total de 9 lotes. Grazas a este tipo de modalidade de contratación agárdase un aforro de máis de 69.000 euros por ano e preto dun total de 350.000 euros de estenderse o contrato durante 5 anos.Con esta iniciativa, a Xunta pretende dar resposta ás necesidades dos distintos centros sanitarios e ás das distintas especialidades dos seus laboratorios (bioquímica, hematoloxía, microbioloxía, xenética, inmunoloxía, etc.).O primeiro bloque do contrato inclúe a compra dunha ampla gama de tubos de extracción con características diferenciadas, segundo o tipo de mostra que require cada técnica analítica: plasma, sangue total, soro, separación celular, etc.Entre as distintas tipoloxías dos tubos, destacan os de bioquímica sen anticoagulantes ? empregados na medición dos niveis de glicosa, colesterol ou mesmo para marcadores tumorais –; os tubos de citrato ? para a obtención de información relacionada coa coagulación do sangue – ; os tubos EDTA ? empregados nos hemogramas e estudos de células sanguíneas – ou os tubos de heparina de sodio e litio ? destinados á realización de análises bioquímicas–.Ademais, o contrato inclúe un bloque específico referido á obtención de tubos de coagulación, así como tamén unha terceira epígrafe para a compra de neveiras–contedores con sondas integradas que garanten o proceso de trazabilidade durante a fase preanalítica, permitindo a monitorización das mostras, dos tempos e das súas temperaturas, dende o punto de extracción ata a súa chegada ao laboratorio de referencia.Coa adquisición do novo material, o Servizo Galego de Saúde seguirá a manter os máximos estándares de calidade asistencial e seguridade na recollida e análise de mostras biolóxicas.O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata as 14.00 horas do día 1 de outubro do 2024.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 6 NOV 2024 | BOLETÍN