Xunta de Galicia

A Xunta destina máis de 264.000 ? a apoiar a conciliación e fomentar a corresponsabilidade en nove municipios de Ferrol, Eume e Ortegal

A Xunta destina máis de 264.000 € a apoiar a conciliación e fomentar a corresponsabilidade en nove municipios de Ferrol, Eume e Ortegal

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá aos nenos e nenas que participan no programa Cariño Concilia 2024 que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto no CEIP Manuel Fraga Iribarne

Os concellos de Cabanas, Cerdido, Narón, Ortigueira, Pontedeume, Valdoviño, San Sadurniño e As Pontes tamén resultaron beneficiarios este ano do Plan Corresponsables no ámbito local da Consellería de Política Social e Igualdade

A Xunta destina este ano 264.501 euros en axudas a entidades locais para apoiar a conciliación e fomentar a corresponsablidade en nove concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Así o deu a coñecer a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, durante unha visita realizada esta mañá xunto á alcaldesa de Cariño, Ana López, aos participantes do programa Cariño Concilia 2024, unhas das iniciativas municipais para favorecer a conciliación que a Consellería de Política Social e Igualdade financia nesta área territorial a través do Plan Corresponsables no ámbito local.A través deste programa que conta cunha achega autonómica de 39.600 euros, o Concello organiza obradoiros semanais ao longo dos meses de xullo e agosto que se desenvolven nas instalacións do CEIP Manuel Fraga Iribarne. Durante as xornadas os pequenos de ata 12 anos levan a cabo actividades físicas como xogos de distintas características para promover o exercicio físico; outros para poñer a proba o enxeño e a imaxinacións; actividades vinculadas ás habilidades sociais e á expresión oral, e propostas para traballar de forma específica valores de igualdade.“Dende o Goberno galego cremos que a conciliación é o camiño para a consecución da igualdade real entre homes e mulleres, por iso apoiamos aos Concellos financiando programas municipais coma este coa fin de facilitar que calquera persoa traballadora poida compatibilizar o coidado da familia cun uso equilibrado dos seus tempos”, sinalou a delegada territorial.Xunto á do Concello de Cariño, tamén resultaron beneficiarios desta orde de axudas da Xunta a través do Plan Corresponsables no ámbito local, os programas de conciliación promovidos polos concellos de Cabanas, Cerdido, Narón, Ortigueira, Pontedeume, Valdoviño, San Sadurniño e As Pontes.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN