Xunta de Galicia

A Xunta emite informe ambiental favorable ao proxecto para a conversión do corredor Brión-Noia en autovía

A Xunta emite informe ambiental favorable ao proxecto para a conversión do corredor Brión-Noia en autovía

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se fai pública a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 km, iniciándose no final da autovía AG–56, Santiago–Brión, e finalizando no tramo Martelo–Noia

O

recolle hoxe o anuncio polo que a Xunta fai público o informe de impacto ambiental favorable do proxecto de conversión do corredor Brión–Noia en autovía.Así, unha vez analizado o proxecto construtivo o treito comprendido entre os puntos quilométricos 11+640 e 21+300 e considerando as alegacións presentadas e os informes emitidos polos órganos sectoriais, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emite informe de impacto ambiental favorable dado que non son previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente.Con esta resolución, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pon fin á tramitación ambiental do proxecto construtivo, unha decisión que tamén lle foi trasladada á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), como organismo promotor, para que poida continuar cos trámites necesarios para a súa execución.O trazado que se proxecta terá unha lonxitude de 9,66 km, iniciándose no final da autovía AG–56, Santiago–Brión, e finalizando no tramo Martelo–Noia. Esta primeira fase de conversión en autovía supón o 60% da lonxitude de 18,2 km da vía de altas prestacións Brión–Noia, aproximadamente.A estrada proxectada no desdobramento será para cada calzada de dous carrís de 3,5 metros, beiravías de 2,5 metros exterior e 1 metro interior, e disporá de mediana de 3 metros entre bordos de beiravía das plataformas contiguas, dándolle continuidade ás características da autovía no tramo Santiago–Brión.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN