Xunta de Galicia

A Xunta e a Fegamp avanzan no proceso para a integración no Servizo Galego de Saúde das 13 unidades asistenciais de drogodependencia de titularidade municipal

A Xunta e a Fegamp avanzan no proceso para a integración no Servizo Galego de Saúde das 13 unidades asistenciais de drogodependencia de titularidade municipal

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Na xuntanza celebrada hoxe acordouse a creación de dúas ponencias técnicas especializadas que abordarán de forma separada a integración do persoal e dos inmobles

Estableceuse un calendario de traballo ata marzo de 2025, en que se analizarán as propostas dos medios humanos e materiais que se deben traspasar

A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) acordaron hoxe os próximos pasos que se deben seguir para acadar a integración no Servizo Galego de Saúde das 13 unidades asistenciais de drogodependencia de titularidade municipal.Esta mañá celebrouse nas dependencias da Consellería de Sanidade unha xuntanza da comisión mixta para o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das 13 unidades asistenciais de drogodependencia. Esas unidades dependen dos concellos de Burela, Cangas, Carballo, Monforte de Lemos, Noia, O Grove, O Porriño, Ourense, Pontevedra, Ribeira, Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.Na xuntanza, presidida pola secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, procedeuse á actualización dos membros da comisión, logo dos cambios rexistrados nos distintos departamentos da Xunta. Así, por parte da Administración autonómica, a comisión estará composta por seis vogais, cinco deles designados polo conselleiro de Sanidade e un polo conselleiro de Facenda e Administración Pública. Por parte das administracións locais, a comisión estará composta por outros 6 vogais, 3 deles pertencentes á FEGAMP e 3 ás unidades asistenciais de drogodependencia.Co obxecto de axilizar o procedemento, acordouse, co consenso de ambas as Administracións, a constitución de dúas ponencias técnicas especializadas, unha para abordar a integración do persoal e outra para os inmobles, compostas por catro membros cada unha delas, dous en representación da Administración autonómica e dous en representación da administración local. Esas ponencias encargaranse de analizar a situación de cada unha das unidades e de elaborar o informe proposta dos medios humanos e materiais a traspasar, para a súa posterior análise e aprobación no seo da comisión mixta de traspaso.Co fin de ordenar as actuacións de tales grupos, fixouse un calendario de traballo desde hoxe ata marzo de 2025, data en que se analizarán as súas propostas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados