Xunta de Galicia

A Xunta impulsa 132 obras por un importe de máis de 8M? en centros educativos da provincia de Ourense

A Xunta impulsa 132 obras por un importe de máis de 8M€ en centros educativos da provincia de Ourense

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

Ao abeiro do Plan de benestar e accesibilidade na escola, durante este verán acométese 118 pequenas e medianas actuacións en 73 centros educativos de Ourense, cun importe de 2,8M?, enfocadas a un maior confort e sustentabilidade

Paralelamente, ao longo deste ano realízanse 14 obras de grande envergadura como ampliacións, rehabilitacións integrais e melloras de eficiencia enerxética

“A Xunta está comprometida en modernizar os centros de ensino cun investimento sen precedentes para a mellora das instalacións”, afirma o conselleiro

A Xunta de Galicia está a acometer ao longo deste ano 132 actuacións en centros educativos de Ourense, cun investimento total de máis de 8M?. Precisamente, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou hoxe unha delas, o CEIP Plurilingüe de Ribadavia, onde expuxo as intervencións que o seu departamento está realizando ao abeiro do Plan de benestar e accesibilidade na escola (Plan BEN_Estar 2024), avaliado onte polo Consello da Xunta.Este programa inclúe unha serie de pequenas e medianas obras que se desenvolven durante o verán para mellorar cubertas, aseos, ventás ou ascensores. En concreto, na provincia de Ourense lévanse a cabo 118 actuacións en 73 centros cun investimento de 2,8M? nesta tipoloxía de intervencións. En total, en Galicia son 535 melloras en 385 centros por un importe total de 12,5M?, a contía máis elevada dos últimos cinco anos.Paralelamente a estas pequenas pero necesarias actuacións estivais, a Administración autonómica está a realizar 139 obras de gran envergadura como ampliacións, rehabilitacións integrais e melloras de eficiencia enerxética. Estas actuacións, cun investimento de 71,3M? no conxunto de Galicia, están planificadas para todo o ano 2024 dado que o seu período de execución é de varios meses, pero reciben un especial pulo durante a época estival aproveitando as vacacións sen actividade lectiva nos centros.Nesta tipoloxía de grandes obras, na provincia de Ourense destacan 14 actuacións como a ampliación do Instituto IES Manuel Chamoso Lamas no Carballiño, a do Centro Integrado de FP Vilamarín, a do Instituto IES Eduardo Blanco Amor en Ourense ou a do Colexio Plurilingüe Antonio Faílde en Coles.Román Rodríguez referiuse ao compromiso da Xunta de renovar os colexios e os institutos, co fin de adaptalos ás esixencias actuais. O conselleiro explicou que o Goberno galego “está modernizando os centros de ensino, cun investimento sen precedentes, converténdoos en instalacións máis eficientes, sostibles e axustadas ás necesidades educativas”.No caso concreto do CEIP Plurilingüe de Ribadavia, o conselleiro explicou que a reforma conta cun investimento superior a 95.000?, e que se espera que estea rematada para o comezo do curso. A rehabilitación inclúe a mellora do pavimento do comedor e da sala de caldeiras, así como a reforma dos aseos e vestiarios da planta baixa.Román Rodríguez destacou que o obxectivo desta intervención é "mellorar a eficiencia enerxética, dotando ao centro dun novo sistema de calefacción". "O CEIP de Ribadavia conta cunha comunidade educativa de máis de 253 alumnos e preto de 26 docentes, e a finalidade destas actuacións é mellorar o confort diario de todos eles", subliñou.As actuacións inclúen un sistema de calefacción máis eficiente e menos custoso, o cambio do chan no comedor para facelo máis seguro e adecuado e a reforma dos aseos da planta baixa, onde se constrúe un baño adaptado e outros mixtos para mobilidade reducida. Tamén se executa un novo vestiario con prato de ducha, cabina sanitaria e despachos para o persoal, así como a renovación do aseo do persoal de cociña.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN