Xunta de Galicia

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5 M?

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da liña de subvencións anuais dirixidas a negocios de aloxamento como de restauración da Comunidade galega

En total, beneficiáronse nesta convocatoria 46 restaurantes en 99 establecementos de aloxamento en toda a Comunidade galega

Entre outras accións sufráganse melloras de accesibilidade, obras para adaptarse a normativas e mellora da clasificación, aforro enerxético ou dixitalización

O

publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M? que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización que fagan os establecementos turísticos galegos, tanto de aloxamento como de restauración, e das que se benefician este ano un total de 145 establecementos turísticos.As subvencións convocadas por Turismo de Galicia concedéronse en réxime de concorrencia competitiva e foron beneficiarios un total de 46 restaurantes e 99 establecementos de aloxamento. Por provincias, na de A Coruña benefícianse 44 negocios turísticos (21 aloxamentos e 23 restaurantes), na de Lugo a cifra é de 14 (10 aloxamentos e 4 restaurantes), na de Ourense foron cinco (2 aloxamentos e 3 restaurantes) e en Pontevedra a cifra é de 82 (66 aloxamentos e 16 restaurantes).Esta liña de axudas enmárcase no traballo da Xunta de Galicia por apostar por apoiar ao sector turístico na mellora e actualización dos seus establecementos e afondar así na calidade do destino. Entre os proxectos presentados sufráganse, entre outras actuacións, as que estean destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Tamén obras que melloren as instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística ou actuacións que permitan a adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.Esta liña de axudas tamén sufraga as actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación, equipamentos mobles necesarios para o funcionamento, obras de climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aireTamén inclúe tamén actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento, e a adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN