Xunta de Galicia

A Xunta impulsa un proxecto piloto para adaptar o comercio local ás tendencias de consumo co apoio da dixitalización

A Xunta impulsa un proxecto piloto para adaptar o comercio local ás tendencias de consumo co apoio da dixitalización

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación do programa Adapta local, promovido polo Goberno galego e a asociación de autónomos APE Galicia

Gabriel Alén salientou a importancia de iniciativas como esta para incentivar o consumo nos negocios locais de Galicia de xeito sustentable e competitivo, así como impulsar a comercialización do produto galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación do programa Adapta local, un proxecto piloto que busca adaptar o comercio de proximidade aos cambios de hábitos dos consumidores apostando pola dixitalización e que está promovido pola Xunta de Galicia e a asociación de autónomos APE Galicia.Alí, Gabriel Alén salientou a importancia de iniciativas como esta para incentivar o consumo nos negocios locais de Galicia de xeito sustentable e competitivo, así como impulsar a comercialización do produto galego. Unha cuestión, sinalou, que é clave para a dinamización do sector.Con ese fin esta acción combinará formación presencial e telemática destinada a propostas do comercio local e rural galego co foco posto nas iniciativas innovadoras que potencien a comercialización do produto galego.Entre os contidos que se abordarán nas formacións deste programa están os relacionados coa transformación dixital, como a venda online e a xestión das redes sociais. Tamén cuestións que teñen que ver coa atención ao cliente, as tendencias de comercio, as finanzas e xestión de inventarios, a economía circular e o compromiso social.Este proxecto piloto desenvolverase en oito comarcas galegas, que son Ferrol, Tui, O Barco de Valdeorras, Verín, O Carballiño, Ribadeo, Sarria e Chantada. Os negocios interesados nesta iniciativa poden cubrir o formulario de contacto habilitado na web

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN