Xunta de Galicia
A Xunta inicia a redacción do proxecto para habilitar unha senda peonil na estrada AC-862 no Concello de Ortigueira
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Trátase de desenvolver un itinerario entre os quilómetros 52+290 e 52+780, coa fin de favorecer o tránsito peonil para as vivendas da contorna, e que permitirá unir o núcleo do municipio e o aparcadoiro que se habilita durante o Festival de Ortigueira
Definiranse as accións necesarias para executar unha senda 500 metros de lonxitude pola marxe esquerda da vía de 2 metros de ancho, salvo un estreitamento puntual nunha vivenda, e separada da calzada da estrada mediante un bordo no límite exterior
O custo das actuacións estímase en 200.000 euros, se ben o investimento final se concretará no proceso de redacción
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de iniciar a redacción do proxecto para habilitar unha senda peonil no treito da estrada AC–862 ao seu paso polo concello de Ortigueira. Trátase de desenvolver o proxecto dun itinerario peonil nun treito desta vía autonómica, situado entre os puntos quilométricos 52+290 e 52+780, coa fin de favorecer o tránsito peonil seguro para as vivendas que se sitúan na súa traza, e que ademais permitirá unir o núcleo do municipio e o aparcadoiro que se habilita durante o Festival internacional do Mundo Celta de Ortigueira. En concreto, baixo este traballo, definirase unha senda 500 metros de lonxitude pola marxe esquerda da estrada de 2 metros de ancho, salvo un estreitamento puntual nunha vivenda, separada da calzada da estrada mediante un bordo no límite exterior da senda. Entre a beiravía existente e a senda óptase, por motivos de drenaxe, por dispoñer dunha franxa de 0,40 m para a disposición de sumidoiros, que leven as augas da plataforma a un colector baixo calzada. Ademais, para poder gañar espazo para a senda, será necesario tramitar a expropiación dos terreos necesarios a carón da calzada en toda a lonxitude do ámbito do proxecto. O custo da actuación estímase en 200.000 euros, se ben o investimento final concretarase no proceso de redacción do proxecto. O obxectivo da Xunta é contar co proxecto a finais deste ano, para proceder a sometelo a continuación a información pública a efectos expropiatorios.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando