Xunta de Galicia

A Xunta iniciará mañá as obras de acondicionamento do firme na autoestrada A Coruña- Carballo, que suporán un investimento de 400.000?

A Xunta iniciará mañá as obras de acondicionamento do firme na autoestrada A Coruña- Carballo, que suporán un investimento de 400.000€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Estas actuacións, que executa a concesionaria da autoestrada, teñen como obxectivo garantir a durabilidade dos pavimentos, contribuíndo ao reforzo da seguridade viaria

Acometerase a rehabilitación da capa de rodaxe, co estendido de mestura bituminosa en quente, e procederase ao selado de fisuras nos puntos deteriorados

Os traballos, que se desenvolverán durante 4 semanas, realizaranse no horario comprendido entre as 7 e as 22 horas, agás o venres, que será de 7 a 13 horas

A execución destas obras fará necesarios cortes puntuais de carrís, que estarán debidamente sinalizados

A Xunta iniciará mañá as obras de acondicionamento do firme na autoestrada A Coruña–Carballo (AG–55), que suporán un investimento de 400.000?.Esta actuación, que executa a concesionaria da autoestrada, ten como obxectivo garantir a calidade e a durabilidade dos pavimentos nesta infraestrutura, contribuíndo ao reforzo da seguridade viaria.Os traballos centraranse no estendido de mesturas bituminosas en distintos tramos da AG–55, especialmente naqueles puntos que se atopen deteriorados.Tamén se selarán as gretas mediante a aplicación en quente dun produto específico, establecendo unha ponte estanca entre os seus bordos máis unha cobertura de árido fino, en distintas localizacións ao longo da autoestrada.De xeito máis detallado, na campaña realizaranse actuacións de mellora das características superficiais en 34.440 m2 na AG–55, tarefas de mellora estrutural en 22.011 m2 e 29 actuacións no marco de selado de fisuras.Os traballos, que se desenvolverán durante 4 semanas aproximadamente, realizaranse no horario comprendido entre as 7 e as 22 horas, agás o venres, que será de 7 a 13 horas.A execución destas obras fará necesarias afeccións puntuais no tráfico, que estarán debidamente sinalizadas. Así, este luns realizaranse cortes de carrís entre os puntos quilométricos 6+500 e 10+200, 13+800 e 16+700 e 18+100 e 19+000, en sentido Carballo. Haberá tráfico alternativo no ramal de saída da AG–55 sentido Carballo do enlace Paiosaco.O martes haberá cortes de carril nos tramos entre os puntos 23+800 e 28+500 e 31+600 e 32+500, en sentido Carballo.O mércores, os cortes de carril serán en sentido A Coruña, entre os puntos 33+800 e 32+500 e entre o 24+100 e 21+200. Tamén será preciso o estreitamento do ramal de saída en dirección A Coruña no enlace de Carballo Norte.O xoves, continuarán os cortes de carril puntuais en sentido A Coruña e haberá estreitamento do ramal de saída dirección Carballo do enlace de Arteixo.O venres tamén será necesario o estreitamento do ramal de saída en ambas direccións do enlace de Paiosaco e no ramal de entrada dirección A Coruña do enlace de Carballo Oeste.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN