Xunta de Galicia

A Xunta investirá preto de 18 M? no mantemento de equipamento de alta tecnoloxía da marca Varian, da cal se benefician anualmente 9.000 pacientes oncolóxicos

A Xunta investirá preto de 18 M€ no mantemento de equipamento de alta tecnoloxía da marca Varian, da cal se benefician anualmente 9.000 pacientes oncolóxicos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Servizo Galego de Saúde realiza cada ano arredor de 150.000 sesións de radioterapia e braquiterapia con estes aparellos

A Xunta conta con 17 aceleradores e equipamentos de braquiterapia desta marca que empregan técnicas menos invasivas, menos dolorosas e máis seguras para os pacientes

O Consello da Xunta autorizou hoxe a contratación, por 17.973.346 euros e un período de cinco anos, do servizo de mantemento integral e evolutivo de equipamentos de alta tecnoloxía da marca Varian, instalados nos centros do Servizo Galego de Saúde. Grazas á incorporación de 17 aceleradores de radioterapia e equipamentos de braquiterapia, preto de 9.000 pacientes oncolóxicos galegos dispoñen cada ano de ferramentas de diagnóstico e de tratamento que empregan técnicas menos invasivas, menos dolorosas e máis seguras. Por iso, a alta tecnoloxía médica é considerada unha das variables clave que inflúen de forma decisiva na calidade do proceso asistencial.O mantemento deste equipamento é esencial para maximizar a súa vida útil, evitar a súa obsolescencia e garantir a seguridade de pacientes e profesionais. Nos últimos cinco anos, o Servizo Galego de Saúde realizou con estes aparellos unha media anual de arredor de 150.000 sesións de radioterapia e braquiterapia. Ademais, dous aparellos instalados xa no Novo Montecelo terán un mantemento preventivo ata o momento en que comecen a súa actividade asistencial.A Xunta inicia agora o proceso de contratación para o mantemento de 17 aparellos de oncoloxía radioterápica da marca VARIAN, cuxa compra supuxera un investimento de 9.895.380 euros. Deles, seis foron financiados pola Unión Europea, a través do plan INVEAT de investimentos en equipamentos de alta tecnoloxía sanitaria, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. En total, o Goberno galego dedicou máis de 67 millóns de euros á renovación do equipamento hospitalario con 76 novas unidades de diferentes marcas. A Xunta tomou a decisión de complementar os fondos europeos con outros do seu propio orzamento para adquirir equipamentos de gamas superiores aos financiados, como foi o caso dos contratos de TC (para incorporar os de tecnoloxía espectral) ou das resonancias magnéticas.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN