Xunta de Galicia

A Xunta inviste 75.000 ? en obras de mellora nas escolas infantís públicas autonómicas do Ventorrillo e de Oza

A Xunta inviste 75.000 € en obras de mellora nas escolas infantís públicas autonómicas do Ventorrillo e de Oza

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O Goberno galego aproveita o período de inactividade durante o mes de agosto para renovar as instalacións deste tipo de centros

A Xunta de Galicia investiu 75.000 euros para renovar as instalacións das escolas infantís públicas autonómicas do Ventorrillo e de Oza, na Coruña. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá ambos centros, con motivo destas obras de mellora.Aproveitando as vacacións de verán, o Goberno galego realiza traballos en diferentes escolas infantís públicas autonómicas cun orzamento total de 3 millóns de euros. O obxectivo é non interferir na actividade destes centros durante o resto do ano e garantir que as instalacións estean renovadas para o regreso tralo verán.En setembro comezará o terceiro curso no que a Xunta financiará integramente a etapa de 0 a 3 anos. Cun investimento de 60 millóns de euros, o Goberno galego financia a gratuidade das escolas infantís, tanto públicas como privadas e de entidades sociais. Esta medida beneficia a máis de 32.000 familias, que aforran, de media, máis de 3.000 euros ao ano.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 13 SEP 2024 | BOLETÍN