Xunta de Galicia
A Xunta inviste 1,2 M? na construción dunha residencia de maiores na Peroxa e 600.000 ? para un centro de día en Vilamarín
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
Estas actuacións enmárcanse no Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción e reforma de instalacións municipais
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, desprazouse esta mañá ata os concellos ourensáns da Peroxa e de Vilamarín. Na primeira localidade visitou, acompañada do alcalde, Manuel Seoane, a parcela onde se construirá unha residencia de maiores cun investimento por parte do Goberno galego de 1,2 millóns de euros. A continuación achegouse ata Vilamarín para revisar xunto ao alcalde, Amador Vázquez, o terreo onde se edificará un centro de maiores financiado integramente polo Goberno galego con 600.000 euros.Estas actuacións desenvólvense no marco do Plan de Investimentos de 18,5 millóns de euros co que o Goberno galego financia unha vintena de proxectos de construción, reforma ou ampliación de residencias, centros de día, vivendas comunitarias e centros sociais que dependen dos concellos. Un plan acordado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e dotado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (NextGenerationEU).Na visita a estes concellos, a conselleira destacou o compromiso da Xunta de Galicia coa universalidade e a proximidade dos servizos públicos, do berce ao bastón e ata o último recuncho de Galicia. Un modelo de atención e coidados que na Peroxa e en Vilamarín se traduce en medidas como o Bono Residencia, o Bono Coidado ou o Servizo de Axuda no Fogar, dos que se benefician veciños destas localidades.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando