Xunta de Galicia
A Xunta lanza unha nova convocatoria do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O Goberno galego destina 5 millóns de euros, a maior contía da historia, a catro liñas de axudas de entre 3.000 e 42.000 euros que poden solicitarse dende mañá
O
publica hoxe a convocatoria das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino. Este plan consta de catro liñas de achegas de entre 3.000 e 42.000 euros, cofinanciadas pola Unión Europea, ás que a Xunta de Galicia destina en total cinco millóns de euros: a maior contía da historia. As solicitudes poden presentarse dende mañá e durante un mes de prazo.O obxectivo do programa Emega é promover o apoderamento económico e social das mulleres, incrementar a súa participación na vida económica, laboral, política, social e cultural, e eliminar as discriminacións por sexo. Neste sentido, a Liña Emprende ofrece incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.A Liña Activa busca, pola súa banda, favorecer a reactivación e a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade. Está dirixida a paliar unha situación económica adversa, acadando o necesario equilibrio empresarial ao mesmo tempo que se mantén o emprego e se consolida e mellora o proxecto.Entre tanto, a Liña ITEF impulsa as iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable. E, finalmente, a Liña Concilia é unha axuda complementaria ás outras tres para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral tanto das emprendedoras como das traballadoras por conta allea.Poden beneficiarse das axudas do Plan Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan Activa entre o 1 de agosto do ano pasado e a data de peche desta convocatoria. Os requisitos específicos de cada unha das liñas poden consultarse na orde.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando