Xunta de Galicia

A Xunta licita as obras de 20 vivendas de promoción pública no barrio San Eleuterio-Tameiga, en Mos, cun investimento de máis de 4,1 M?

A Xunta licita as obras de 20 vivendas de promoción pública no barrio San Eleuterio-Tameiga, en Mos, cun investimento de máis de 4,1 M€

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Trátase dun edificio de tres plantas e as vivendas terán entre dous e catro dormitorios

Habilitaranse 29 prazas de garaxe e 20 rochos

Os diversos espazos comunitarios organizaranse ao redor de dous patios centrais, que permitirán a entrada de luz natural e a mellor ventilación das vivendas

As empresas teñen de prazo desde mañá, 2 de agosto, ata o 20 de setembro para a presentación das súas ofertas

A Xunta traballa na mellora da situación do mercado da vivenda e a Estratexia de vivenda pública e protexida que, nesta lexislatura, duplicará o parque publico ata as 8.000 vivendas e desenvolverá solo para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres

A Xunta vén de licitar hoxe as obras de construción dun edificio para 20 vivendas de promoción pública no barrio de San Eluterio–Tameiga, no concello de Mos, cun investimento de máis de 4,1M?. As empresas teñen de prazo desde mañá, 2 de agosto, ata o 20 de setembro para a presentación das súas ofertas e a previsión da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas es que as obras estean rematadas no ano 2026.O futuro edificio contará cunha planta de soto, planta baixa e tres plantas altas. Das citadas 20 vivendas, unha será adaptada, e o inmoble contará con 29 prazas de garaxe e 20 rochos. A nova promoción pública neste municipio pontevedrés localízase na parcela 702 do polígono 52 do Barrio San Eleuterio–Tameiga.En concreto, a planta soto, con acceso desde a vía A do polígono de San Eleuterio, destinarase a 20 prazas de garaxe, 20 rochos e cuartos de instalacións. Haberá outras 9 prazas de aparcamento en superficie. Así mesmo, na planta baixa, ademais do portal, habilitaranse catro vivendas (unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida), un núcleo de comunicación vertical, instalacións e un patio.Nas plantas primeira a terceira distribuiranse o resto das vivendas, catro na primeira planta e seis nas plantas superiores. As nove prazas de garaxe restantes sitúanse en superficie, dentro da propia parcela da edificación.Das 20 vivendas, dúas disporán de 4 dormitorios, cunha superficie útil de 117,42 m²; outras 14 contarán con 3 dormitorios (unha delas adaptada a persoas con mobilidade reducida), cunha superficie útil que oscilará entre os 95,22 m² e 114,78 m²; e 4 vivendas terán 2 dormitorios, cunha superficie útil de 69,87 m².A edificación organizará as vivendas e os diversos espazos comunitarios arredor de dous patios centrais, que permiten a entrada de luz natural e melloran a ventilación das vivendas á vez que se favorece a relación co espazo exterior.O proxecto cumpre o Real decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. En concreto, teñen en conta as prescricións sobre eficiencia enerxética, consumo de enerxía non renovable, circularidade e xestión de residuos, que se reflicten no dito decreto.O Goberno galego mantén o seu compromiso para reforzar o parque residencial de toda Galicia. Ademais, a Xunta de Galicia continúa avanzando no seu compromiso da mellora da situación do mercado da vivenda, e na Estratexia de vivenda pública e protexida que prevé, nesta lexislatura, duplicar o parque público ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas, e 5.000 libres.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN