Xunta de Galicia
A Xunta dá luz verde á contratación da construción de 58 vivendas de promoción pública en Navia, no concello de Vigo, cun investimento de máis de 13 M?
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
O Goberno galego autoriza a licitación de redacción de proxecto e dirección de obra así como de execución de dous edificios de 37 e 21 vivendas de promoción pública
Introduciranse nestas edificacións novas técnicas de construción industrializada, que axunten arquitectura con prefabricación, optimizando prezo, sustentabilidade, seguridade e calidade e o mellor uso e mantemento dos inmobles
Impulsase o sétimo grupo de inmobles que a Xunta licita neste barrio vigués, resultando na primeira fase da ampliación deste polígono 259 vivendas de promoción pública, ás que se engadirán outras 100 vivendas protexidas programadas
O Goberno galego continua traballando no obxectivo de reforzar o parque residencial da cidade de Vigo, habilitando solo no polígono 1 de San Paio de Navia, que permitirá a construción dun total de 733 vivendas
A Xunta segue avanzando na Estratexia de vivenda pública e protexida para duplicar nesta lexislatura o parque público ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver chan para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 vivendas libres
A Xunta vén de dar luz verde á contratación das obras de construción de 58 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo, ás que se destinará un investimento autonómico de máis de 13 millóns de euros.En concreto, licitaranse os servizos de redacción de proxecto e dirección de obra e de contratación das obras de construción, con técnicas industrializadas e o uso de madeira, de dous edificios de 37 e 21 vivendas de promoción pública nas parcelas M–IVB–20 e M–IVB–22 do polígono 1 de San Paio de Navia.Na parcela M–IVB–20 prevese a construción do edificio para 37 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos. Esta parcela ten unha superficie duns 1.213 m2 e forma sensiblemente rectangular. O plan parcial permite a construción dun inmoble cun máximo de 4 alturas máis ático.Na parcela M–IVB–22 prevese a construción dun edificio para 21 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos. Esta parcela ten unha superficie de 1.347 m2 e forma sensiblemente rectangular. O plan parcial permite a construción dun inmoble cun máximo de 3 alturas máis ático.Estas dúas obras son as primeiras de San Paio de Navia que incluirán a aplicación de técnicas construtivas industrializadas. Neste sentido, a execución das obras de edificación levarase a cabo mediante novas técnicas de construción industrializada, aplicando unha ou varias patentes, que permitan axuntar arquitectura con prefabricación, nunha relación que permita optimizar (en prazo, en prezo, en sustentabilidade, en seguridade e/o en calidade e mellor uso e mantemento durante a vida útil do inmoble) a referida promoción.Entre as técnicas industrializadas que se inclúen nas bases da licitación da contratación das mesmas está o emprego de madeira, tanto na estrutura dos inmobles como en outros elementos dos mesmos.Este novo proxecto cumpre o Real decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. En concreto teñen en conta as prescricións sobre eficiencia enerxética, consumo de enerxía non renovable, circularidade e xestión de residuos, que se reflicten no dito decreto.Con esta nova contratación, impulsase o sétimo grupo de vivendas que a Xunta licita neste barrio vigués de Navia. Cos dous grupos que autorizou o Executivo autonómico, que totalizan 58 vivendas, resultan na primeira fase da ampliación un total de 259 vivendas de promoción pública que se construirán neste polígono. A estas vivendas se engadirán outras 100 vivendas de promoción pública que están programadas.Cómpre lembrar, tamén, que a finais do ano pasado comezaron as obras de urbanización do polígono 1 de San Paio, e co obxectivo de que estas vivendas poidan ser unha realidade o antes posible, se desenvolverán de forma paralela aos traballos construtivos dos edificios residenciais.A Xunta continua traballando no obxectivo de reforzar o parque residencial da cidade de Vigo, habilitando solo no polígono 1 de San Paio de Navia, que permitirá a construción dun total de 733 vivendas.Ademais, o Executivo autonómico autorizou o 1 de xullo a licitación das obras de urbanización do polígono 2 por un investimento de preto de 16,4M?, para acometer o acondicionamento do polígono 2, fases A e B de San Paio de Navia, que permitirá a construción dun total de 719 vivendas.O Goberno galego segue avanzando no seu compromiso da mellora da situación do mercado da vivenda, e na Estratexia de vivenda pública e protexida que prevé, nesta lexislatura, duplicar o parque público ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver chan para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 vivendas libres.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando