Xunta de Galicia

A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

A Xunta mellora a acreditación de probas en caso de agresión sexual ao potenciar a colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais

Profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia formarán persoal da sanidade pública galega na atención destes casos

O acordo marco de colaboración inclúe outras medidas no ámbito da morte súbita de persoas novas e da atención do suicidio

As consellerías de Presidencia, Xustiza e Deportes e de Sanidade informaron hoxe no Consello da Xunta da próxima sinatura dun novo acordo marco que permitirá afondar na colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) para mellorar a atención a vítimas de agresión sexual. Actualmente o Sergas aplica o procedemento aprobado polo Observatorio Galego de Violencia de Xénero, cunha asistencia en condicións de privacidade, seguridade e confidencialidade en coordinación co persoal médico forense do Imelga. Para mellorar o proceso desde o punto de vista probatorio, abrirase unha liña permanente de colaboración para que a recollida de mostras e outras evidencias poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais e que se garanta a cadea de custodia. Neste sentido, está previsto mellorar os partes de lesións grazas á experiencia compartida entre ambas as entidades e coa intervención da Comisión de Documentación Clínica do Sergas. Desta forma, os partes adaptaranse ás diversas casuísticas que se poden dar nas situacións de violencia ou agresión sexual, incluíndo a violencia na infancia e adolescencia. Outro ámbito de colaboración será a formación específica do persoal do Sistema público de saúde de Galicia implicado na atención destes casos. Así, a acreditada experiencia do persoal do Imelga pode resultar moi valiosa e enriquecedora de cara á mellora das capacidades dos profesionais da sanidade pública, mesmo coa posibilidade de establecer rotacións na formación dos médicos internos residentes (MIR) nese ámbito.Este acordo marco tamén inclúe a prevención da morte súbita a través de estudos xenéticos, xa que o Sergas dispón dunha unidade de referencia para o Sistema nacional de saúde para o manexo de pacientes con cardiopatías familiares, situada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Ante a morte inesperada ou morte súbita dunha persoa menor de 40 anos, é importante identificar miocardiopatías ou canalopatías con causa xenética para axudar os familiares vivos a prever outros casos. Iso conseguirase mediante a análise dunha mostra de sangue da persoa falecida e o establecemento dun protocolo para a derivación de pacientes a estudo xenético con autopsia médico–legal.No marco do Plan de saúde mental de Galicia inclúese a automatización do intercambio de datos entre o Imelga e o Sergas en materias como a prevención e posvención de suicidios ou as mortes como consecuencia de reaccións adversas a drogas de abuso. A Estratexia galega de saúde 2030 recolle o fomento da colaboración intersectorial e entre consellerías dentro das súas competencias e, así, as dúas entidades autonómicas colaborarán tamén na mellora da xestión dos certificados de defunción e en proxectos de investigación conxunta en materias de interese sanitario.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 15 NOV 2024 | BOLETÍN