Xunta de Galicia

A Xunta mostra o seu compromiso para desenvolver proxectos culturais en Lugo

A Xunta mostra o seu compromiso para desenvolver proxectos culturais en Lugo

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visitou a cidade para tratar asuntos da súa área, entre eles as iniciativas do Grupo Etnográfico Traxandaina, entidade que realiza accións en prol do coñecemento da vestimenta e tradición galegas

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, mostrou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia para desenvolver proxectos culturais en Lugo. Fíxoo nunha visita á delegación territorial do Goberno galego, onde mantivo diversos encontros para tratar asuntos da súa área. Na xornada, o responsable autonómico de Cultura, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, puido coñecer de primeira man diferentes proxectos, como o desenvolvido polo Grupo Etnográfico Traxandaina con quen explorou vías de colaboración para a creación do Museo da Vestimenta en Lugo, unha iniciativa que pretende dar a coñecer as prendas que forman parte da historia dos galegos e galegas. No horizonte desta entidade sen ánimo de lucro que traballa en prol da investigación, conservación e difusión do coñecemento sobre a vestimenta e tradición galegas está recrear o bo facer de xeracións pasadas mantendo viva a tradición e compartindo esta sabedoría a través de varias accións como eventos, exposicións e actividades educativas. Neste senso, ademais da apertura deste espazo museístico, o grupo conta con iniciativas como o deseño dun espazo virtual sobre a riqueza etnográfica dos traxes galegos.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

LO MÁS ESCUCHADO

Último boletín

18:00H | 04 OCT 2024 | BOLETÍN