Xunta de Galicia

A Xunta participa no Encontro de Familias con Membros Xordos

A Xunta participa no Encontro de Familias con Membros Xordos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou os avances no benestar e integración grazas ao traballo coas familias e as entidades

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou a importancia do traballo conxunto da Xunta de Galicia, as familias e as entidades nos avances acadados nos últimos anos na mellora da calidade de vida e na integración das persoas xordas. Fíxoo durante a celebración do X Encontro de Familias con Membros Xordos organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e a Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos ou con Discapacidade Auditiva (Anpanxoga).Jacobo Rey garantiu que o Executivo autonómico seguirá apoiando a estas familias no seu obxectivo de conseguir unha sociedade que sexa cada día máis accesible e inclusiva. Neste sentido, lembrou que desde fai anos se manteñen diferentes liñas de colaboración con Faxpg, entre outras un programa dirixido a mellorar a audición e fala de nenas e nenos con discapacidade auditiva a través de técnicas de logopedia. No xornada de hoxe, que se desenvolveu no parque Aventura Dakart de Sanxenxo, as familias desfrutaron dun día lúdico e de convivencia, con xogos de multiaventura para os máis pequenos, xantar e actividades de praia

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN