Xunta de Galicia

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Marín con 81 prazas de estacionamento

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Marín con 81 prazas de estacionamento

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a case 650.500 euros

Diego Calvo destacou que a iniciativa contribúe a reducir o tráfico mediante o uso do coche compartido e do transporte público, para o que se habilitará unha parada de autobús

María Martínez Allegue subliñou que mediante o impulso deste tipo de infraestruturas se dispón de 672 prazas de estacionamento disuasorio na comunidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron hoxe o novo aparcadoiro disuasorio que a Xunta habilitou en Marín cun investimento de case 650.500 euros. O espazo sitúase preto do núcleo de Ameal, na ligazón da variante VG–4.4 coa estrada provincial EP–1202, e suma 81 prazas de aparcamento. No acto estivo tamén a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.Segundo sinalou Diego Calvo, a iniciativa enmárcase na aposta da Xunta pola mobilidade sostible a través do fomento do uso do coche compartido e do transporte público, contribuíndo a implantar zonas de baixas emisións nas áreas urbanas galegas. Así, instalouse unha marquesiña coa previsión de habilitar paradas de autobús das liñas máis próximas.Segundo sinalou, o aparcadoiro disuasorio ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible, facilitando un espazo onde deixar o automóbil de xeito cómodo e seguro e desprazarse despois desde os núcleos rurais da contorna ao centro urbano compartindo coche ou en autobús. Preténdese así afrontar os retos da mobilidade desde un enfoque integrador no social, responsable no ambiental e ambicioso no económico.Nesta liña, cómpre sinalar o investimento anual de máis de 100 millóns de euros no transporte público autonómico, así como as tarxetas de transporte metropolitano impulsadas pola Xunta con importantes bonificacións, como os descontos no autobús interubano e a gratuidade para menores de 21 anos e maiores de 65.Pola súa banda, María Martínez Allegue subliñou que se trata dunha actuación moi completa que ofrece aos usuarios un espazo cómodo, seguro e funcional e permite seguir reducindo o tráfico de vehículos nos núcleos urbanos como o de Marín. Nesta liña, salientou a aposta da Xunta polas infraestruturas de calidade para poñer á disposición da cidadanía opcións de desprazamento máis económicas e saudables.A conselleira lembrou que este aparcadoiro disuasorio se engade a outros estacionamentos recentemente postos en marcha polo Goberno galego, concretamente o inaugurado hai uns días en Ferrol e o habilitado o pasado mes en Ribadumia. Así, concretou que, mediante o impulso deste tipo de infraestruturas, disponse xa de 672 prazas de estacionamento disuasorio na comunidade.O recinto do novo aparcadoiro disuasorio ocupa 3.000 metros cadrados de superficie. Das 81 prazas habilitadas, tres están reservadas para persoas con mobilidade reducida e outras tres para vehículos eléctricos. A zona dotouse ademais de alumeado e videovixilancia, e humanizouse cunha franxa central peonil, unha franxa verde central con arborado e áreas axardinadas.Estas actuacións forman parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

17:00H | 26 NOV 2024 | BOLETÍN