Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor a campaña 'Merca e Gaña 2024' de comercio punto Compostela como iniciativa dinamizadora dos centros comerciais abertos galegos

A Xunta pon en valor a campaña ‘Merca e Gaña 2024’ de comercio punto Compostela como iniciativa dinamizadora dos centros comerciais abertos galegos

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto de entrega de premios desta iniciativa

Lembrou que este ano o Goberno galego destinou 2,25 millóns de euros ás axudas para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe no acto de entrega de premios da campaña

, organizada pola Asociación Comercio Punto Compostela. Alí, puxo en valor o papel dos centros comerciais abertos, aos que neste 2024 a Xunta destina 2,25 millóns de euros en axudas para avanzar na súa innovación e dinamización.Con estas achegas que se atopan en fase de resolución, subliñou o director xeral, o Executivo autonómico busca promover a revitalización do comercio local como elemento esencial do desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas.En concreto, trátase de apoios cos que se financian custos de xerencia e gastos de actividades e que tamén van dirixidos a mellorar a fidelización e a dixitalización con medidas como bonificacións para aparcar a través dos tikects de compra ou a través da creación e mantemento de marketplaces, páxinas web ou mupis e sinalización dixital, entre outros.Estas axudas enmárcanse na aposta do Goberno galego polo comercio local, como vertebrador do territorio e xerador de riqueza e emprego. Nesa liña, estase a perfilar un Plan de remuda xeracional no comercio, con proxectos piloto nas cabeceiras de comarca que atendan ás necesidades de cada contorna e á análise de sincronización da oferta e da demanda. A maiores, avógase pola revitalización dos centros comerciais abertos, así como pola dos recintos destinados ás feiras. Todo isto converxe no Plan estratéxico do comercio galego que se está elaborando cos implicados, unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal, que permita desenvolver un Mapa do Comercio de Galicia efectivo.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados