Xunta de Galicia
A Xunta presenta o 'I Programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos'
Publicado el - Actualizado
2 min lectura
O programa está a ser financiado polo Goberno galego a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e da de Política Social e Igualdade
Nesta primeira edición da iniciativa foron acollidas na comunidade as salvadoreñas Carolina Amaya e Gabriela Villaroel, e a dominicana Juana Ferrer
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, presentaron esta mañá o I Programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos. Trátase da iniciativa Galicia Abriga, co que a Xunta pretende garantir un espazo seguro a mulleres defensoras de dereitos humanos pertencentes a organizacións e movementos sociais de países nos que a Cooperación Galega ten presenza. O programa enmárcase nun convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Consellería de Política Social e Igualdade coas ONGD Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) e Asociación Ecos do Sur. O acordo conta cunha dotación de máis de 50.500 euros, dos que a Xunta achega máis de 48.000 euros. Deste xeito, o Goberno galego contribúe a que as mulleres defensoras de dereitos humanos que ven ameazada a súa vida ou integridade física e psicolóxica, con motivo do seu labor, poidan saír do contexto de risco no que se atopan, fortalecendo as súas capacidades e mellorando o seu benestar. Para iso, cóntase cun equipo xestor formado polas tres ONGD galegas que participan no acordo e cunha rede de apoio formada por 15 organizacións sociais e universidades galegas. Nesta primeira edición do Programa, as tres defensoras seleccionadas para vir a Galicia foron dúas mulleres xornalistas salvadoreñas, Carolina Amaya e Gabriela Villaroel, e unha defensora do territorio e das mulleres do rural dominicano, Juana Ferrer.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando