Xunta de Galicia

A Xunta publica a nova convocatoria de axudas para consolidar e seguir estendendo a Rede Galega de atención temperá

A Xunta publica a nova convocatoria de axudas para consolidar e seguir estendendo a Rede Galega de atención temperá

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Póñense a disposición dos concellos 15,8 millóns de euros para consolidar as unidades que xa están en funcionamento e crear 12 novas

O

de hoxe convoca as axudas para consolidar e seguir estendendo por toda a comunidade a Rede galega de atención temperá, un servizo público gratuíto para as familias que é fundamental para dar resposta o antes posible ás necesidades de nenos de 0 a 6 anos con problemas de desenvolvemento ou risco de padecelos. Esta orde abarca o que resta deste ano e todo 2025 e 2026, e conta cun orzamento de 15,8 millóns de euros que está cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+Galicia 2021–2027.Este investimento supón un incremento do 34% dos fondos destinados a esta finalidade con respecto á anterior convocatoria e permitirá aumentar o número de profesionais das unidades que atenden a unha maior poboación. A través desta liña de achegas, dirixida a concellos e agrupacións de concellos, darase continuidade ás unidades de atención temperá xa en funcionamento e poderanse crear ata doce novas. Coa posta en marcha destes novos servizos agárdase prestar servizo a 5.000 nenos e ás súas familias en toda Galicia.Os concellos e agrupacións de concellos interesadas en optar a estas axudas teñen, a partir de mañá, un mes de prazo para presentar as súas solicitudes. Deberán facelo por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na

.Nos últimos anos, o Executivo autonómico deu un forte impulso á atención temperá. Desde 2009 ata o día de hoxe, Galicia pasou de ter só dúas unidades a 45 na actualidade e de cubrir unicamente 15 concellos a chegar aos 200 nestes momentos.Ademais destes servizos de titularidade municipal, dispóñense de recursos de atención temperá nos hospitais públicos e de tres unidades nas comarcas do Deza, Salnés e Bergantiños que son xestionadas pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT).

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

18:00H | 14 NOV 2024 | BOLETÍN