Xunta de Galicia
A Xunta reforza o impulso á comercialización da marca Artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera aberta en Sanxenxo durante o verán
Publicado el - Actualizado
4 min lectura
Trátase do cuarto ano consecutivo no que se leva a cabo esta iniciativa colaborativa, coa que se busca amosar unha escolma do talento artesán galego, do feito á man e da alta calidade da moda
En concreto, na Summer Shop Artesanía de Galicia & D–Due pódense atopar pezas de 28 obradoiros artesanais galegos especializados en olería, madeira, cerámica, coitelos, cestería tradicional ou téxtil, entre outros
A tenda permanecerá aberta ata final de agosto na rúa Luis Vidal Rocha nº 6, en horario de 10,30 a 14,30 h. e de 16,30 a 20,30 h.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe a Summer Shop Artesanía de Galicia & D–Due, a iniciativa colaborativa entre Artesanía de Galicia e a marca de moda galega D–due. Trátase dunha tenda pop up, efémera, que continuará aberta este mes de agosto na rúa Luis Vidal Rocha nº 6 e que dará mostra do bo facer dun total de 28 obradoiros artesáns, con ata 17 oficios diferentes representados. O conselleiro destacou que é o cuarto ano consecutivo no que a Xunta colabora nesta iniciativa coa que se busca amosar unha escolma do talento artesán galego, do feito á man e da alta calidade da moda, vinculada a unha empresa téxtil con proxección internacional como é D–due. Na edición deste ano pódense atopar pezas de 28 obradoiros da marca Artesanía de Galicia especializados en olería tradicional, madeira, cerámica, cestería e labores de palla, xoiería, coiro, elaboración e reparación de redes, tecido, bordado, coitelos, elaboración de figuras con miga de pan (sanandresiños), gravado, encaixe, bixutería, elaboración de complementos e xoiería en vidro.En concreto, os obradoiros dos que se poden mercar pezas aínda durante este mes de agosto en Sanxenxo son Alberto Lista e Alfarería Rulo, de Buño (Malpica de Bergantiños); Rectoral de Gundivós (Sober); os obradoiros da Coruña Arobe Cerámica, Artefíos, Víctor Ares, Susana Anta e D–Raíz; os da Estrada, Druída e Atalanta Madera; os obradoiros composteláns Variopinto, Laura Triñanes e Contraform; Jorge Bellón (Cedeira); Redeiras artesás, de Corme (Ponteceso); Armaior (Quiroga); Concha Canoura (Culleredo); Celso Ferreiro (A Fonsagrada); Laura Delgado (Cambre); os profesionais de Vigo A Casa Rodante e Antonio Suárez; Fundación Terra Termarum Castrolandín (Cuntis); Raposiñas (A Pobra do Caramiñal); Olería do Batán (Baños de Molgas); Santiago Besteiro (Monterroso); Gaia Cerámica (Gondomar); Rosa Méndez (Teo) e M. Isabel Liñares Recimil (Silleda).O titular de Emprego lembrou que Artesanía de Galicia representa os profesionais do sector artesán galego, avalando os seus produtos e achegando a tradición e a vangarda de materiais, deseño e novos xeitos de interacción comercial ao público. Nesa liña, con iniciativas como a
de Sanxenxo anímase a confiar na artesanía de proximidade, na economía circular, no talento artesán galego, no feito en Galicia e na calidade.José González enmarcou o apoio a esta tenda efémera nas medidas que vén consolidando a Xunta a prol da artesanía galega, con máis de 25 millóns de euros de investimento entre 2009 e 2023 e con accións este ano como a orde de axudas para o fomento da comercialización da artesanía (265.000 euros) ou a xa resolta para a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial e artesanal, con 72 obradoiros beneficiarios dun total superior aos 216.000 euros.Tamén aludiu, entre outros, ao programa único en España
, para garantir a remuda xeracional no sector con accións de formación continua.D–due é unha empresa téxtil de Rianxo con orixe no ano 1960 que está dirixida por Charo Froján e Alfredo Olmedo desde a década dos 90 e que ten amosado as súas creacións nas principais semanas internacionais da moda, ademais de ter presenza nunha ampla variedade de puntos de venda de Xapón, Italia, Francia ou Corea do Sur.En 2016, Artesanía de Galicia viaxou a Xapón da man de D–due para amosar o traballo de obradoiros artesáns, favorecendo a entrada do sector artesán galego neste mercado a través de HP France, con case un cento de establecementos neste país.
Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando