Xunta de Galicia

A Xunta salienta o potencial dos produtos da horta galegos na XLV Festa do pemento da Arnoia

A Xunta salienta o potencial dos produtos da horta galegos na XLV Festa do pemento da Arnoia

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Este evento serve para poñer en valor a excelencia deste produto característico da localidade ourensá, amparado por unha indicación xeográfica protexida que conta con preto dunha vintena de produtores

Este ano púxose en marcha o Plan estratéxico da horta, que busca converter Galicia nun referente da produción hortícola de calidade, apostando pola sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; e o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio; participou hoxe na inauguración da XLV edición da Festa do Pemento desta localidade ourensá, evento declarado Festa de Interese Turístico Galego que se celebrará ata o vindeiro domingo.Esta cita gastronómica busca promocionar este produto, amparado por unha Indicación Xeográfica Protexida, no mercado e exaltar a súa calidade. De feito, a IXP Pemento da Arnoia forma parte das Experiencias de Calidade da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural. Eventos coma este permiten poñer en valor a excelencia e o potencial dos produtos hortícolas de Galicia, neste caso o pemento da Arnoia, e divulgar as características que os fan especiais.A IXP Pemento da Arnoia conta con preto dunha vintena de produtores e cunha superficie inscrita de 3,6 hectáreas, distribuídas dentro deste concello e na parroquia de Meréns, no municipio de Cortegada, chegando a unha produción comercializada de preto de 2.500 quilos no pasado ano.A Consellería do Medio Rural apoia esta produción de calidade diferenciada e, por iso, neste ano investirá arredor de 6 millóns de euros nun plan de promoción dos produtos galegos de calidade diferenciada, entre os que se atopa a IXP Pemento da Arnoia.Neste mesmo ano, a Xunta puxo en marcha o Plan estratéxico da horta, que busca converter Galicia nun referente da produción hortícola de calidade, apostando pola sustentabilidade e o respecto polo medio ambiente. Nel recóllense medidas a desenvolver ata o ano 2030 para acadar unha diversificación da produción galega e a mellora da súa competitividade.Este documento está organizado en cinco eixes principais, estruturados á súa vez en 14 medidas que contemplan preto de 70 accións a levar cabo. Ademais, apoiarase a incorporación de mozos á agricultura ecolóxica.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 07 NOV 2024 | BOLETÍN