Xunta de Galicia

A Xunta solicita ao Goberno central colaboración a través da Confederación Hidrográfica para a aprobación dos Plans Básicos Municipais

A Xunta solicita ao Goberno central colaboración a través da Confederación Hidrográfica para a aprobación dos Plans Básicos Municipais

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

María M. Allegue explicou que na actualidade hai 15 concellos, a maioría da provincia de Ourense, que están pendentes de informe por parte da Confederación Hidrográfica do Miño Sil

O delegado do Goberno comprometeuse a trasladar ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño–Sil o problema ao que se enfrontan estes concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con ningunha figura de ordenamento urbanístico

A conselleira tamén demandou unha mellor intercolución por parte do Goberno para a execución e mantemento das estradas de titularidade estatal

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantiveron esta mañá un encontro de traballo na sede do organismo estatal na Coruña para abordar, entre outros asuntos, a tramitación dos Plans Básicos Municipais (PBM), ferramentas de ordenación urbanística que afecta aos concellos de menos de 5.000 habitantes.A Dirección Xeral de Urbanismo, dependente da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, está á espera na actualidade da aprobación dos PBM de 15 concellos, a maioría da provincia de Ourense, a expensas do informe da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, departamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Neste sentido, a conselleira Martínez Allegue explicoulle a problemática coa que se están a atopar estes municipios de cara a conseguir a ferramenta que lles permiten un desenvolvemento urbanístico legal e sostible. O delegado do Goberno comprometeuse a trasladarlle esta inquedanza ao presidente da citada Confederación Hidrográfica.Durante esta reunión, que se desenvolveu nun clima de cordialidade, a titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas tamén demandou unha planificación adecuada por parte do Goberno para a execución e mantemento das estradas de titularidade estatal.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Programas

Último boletín

05:00H | 18 SEP 2024 | BOLETÍN