A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo organiza un acto para os mozos no colexio Carmelitas de Ourense

Será o xoves, día 10 de abril, cando se cumplen 49 anos do pasamento do patriarca das Letras Galegas e os máis novos serán partícipes da lectura de varios textos do escritor 

Alumnado del IES Terra de Turonio ante la escultura de Otero Pedrayo

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

1 min lectura

A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo organiza una actividade cos máis novos o vindeiro xoves, día 10 de abril, no que se cumpren 49 anos do pasamento de don Ramón. A actividade terá lugar no colexio Carmelitas de Ourense e, neste evento, o alumnado poderá descubrir a vida e obra de Ramón Otero Pedrayo. Os xóvenes serán partícipes da lectura de varios textos do escritor durante a xornada.

Nesta primeira charla sobre a vida e a obra de Ramón Otero Pedrayo intervirán diferentes membros da directiva da Asociación de Amigos. Comeza así a primeira das actividades que esta asociación ten preparadas para este ano 2025.