A Coral de Ruada, Premio Otero Pedrayo 2024

O xurado destaca "o seu papel moi destacado na defensa e difusión da nosa cultura e da nosa lingua"

O xurado reunido no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense

Juan Maceiras

Ourense - Publicado el

1 min lectura

      
      
             
      

A Coral de Ruada resultou galardoada co Premio Otero Pedrayo 2024. O xurado deste galardón, que receñece a persoas ou entidades con notable aportación á cultura galega, acordou outorgar este premio á formación ourensá porque “non se trata só dunha agrupación folclórica senón que é unha institución galeguista e auspiciada pola Xeración Nós”.

O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia co apoio da Xunta de Galicia. O premio é de carácter rotatorio e nesta edición correspondeulle a súa organización á Deputación de Ourense. A Coral de Ruada foi fundada en 1918, dous anos antes que a Revista Nós na cidade de Ourense, e estivo moi vinculada ao movemento galeguista con moitos dos membros da Xeración Nós como Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Florentino López Cuevillas.