Saray Rodríguez, gañadora do II premio de Oratoria en formato podcast Otero Pedrayo
O seu traballo é "Galicia sostible: unha ollada ao futuro"
Ourense - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Saray Rodríguez Pérez, co seu traballo “Galicia sostible: unha ollada ao futuro”, é a gañadora do segundo premio do concurso de podcast 2024 convocado pola Asociación de Amigos de Otero Pedrayo. O segundo premio foi para Uxía Lavandeira, do IES Plurilingüe Pedra da Auga, de Ponteareas, en tanto o terceiro premio recaeu no traballo presentado por Ana Lestao Ben.
Este galardón está convocado pola Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a cooperativa agroalimentaria Coren.
O premio está dirixido ao alumnado galego de entre 15 e 25 anos. O xurado estivo presidido por Xosé Ramón Pousa, xornalista, escritor e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e del formou parte a directiva da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo.