Sobrado dos Monxes, un refuxio de paz no interior da provincia da Coruña
As obras de rehabilitación eliminaron as humidades dun dos complexos relixiosos máis orixináis de Galicia
Madrid - Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Santa María de Sobrado dos Monxes ben merece unha visita pausada. Este complexo relixioso é un dos mellores exemplos que temos en Galicia do esplendor da época dos mosteiros.
A maior parte da igrexa actual é de estilo barroco (S.XVII) froito dunha reforma do templo orixinario, que data do século X e do que aínda hai algúns elementos.
O estado actual da igrexa mellorou moito coas actuacións que realizou recentemente a Xunta de Galicia. Elimináronse as filtracións de auga e as humidades e tamén se aplicaron tratamentos para retirar a contaminación de algas que estaba presente nalgunhas zonas. A pedra loce como nova e o resultado é paplable.
Nesas obras de rehabilitación tamén se actuou contra "patoloxías de colonización biolóxica" nas torres e nas portadas na igrexa de San Xoan e na capela do Rosario, na sacristía e no retablo da capela do Rosario.
Derrubo de elementos engadidos e arranxo do tellado
Dentro dos traballos que realizou a consellería de Cultura elimináronse elementos que sobraban: derrubouse un almacén que se construira no seu día xunta a capela de San Xoan e quitáronse os remates de tella dos pináculos e algúns elementos de formigón que estaban na cornixa. Todo para recuperar o aspecto orixinal dun complexo que non deixa de sorprender ós que o visitan.
O acceso á Igrexa é agora máis sinxelo (acometéronse obras de accesibilidade) e tamén se acondicionou o espazo para a lectura no claustro da Hospedería.
A rehabilitación incluiu o cambio de tellado de Santa María. Utilizouse tella curva tomada con espuma e ganchos de aceiro inox sobre fibrocemento. O cupulino da lanterna revestiuse con chapa de zinc e sustituíronse as xuntas de fábrica que estaban en mal estado.
"Ha quedado muy bien", explica a Cope Carlos Gutiérrez, o prior dos 15 monxes que viven actualmente no mosteiro.
"Se ha limpiado toda la piedra, se han renovado las cubiertas y se ha drenado para evitar las humedades". "Estaba ya saliendo hierba en algunas partes", engade.
Santa María de Sobrado dos Monxes, unha xoia medieval
O complexo de Santa María de Sobrado dos Monxes está declarado Patrimonio da Humanidade como ben asociado ós Camiños do Norte. É ademais Ben de Interese Cultural dende 1931.
A igrexa ten planta de cruz latina e conta cunha capela maior de forma rectangular sen retablo. A traza medieval cisterciense foi derrubada en 1.620 e construida dez anos despois, en 1.630.
As tres naves do eixo central están separadas entre sí por piastras separadas por arcos de medio punto.
Restos cistercienses
O aspecto actual de Santa María é barroco (do século XVII) pero consérvanse algúns elementos da época cisterciense (século XII) como son a capela de San Xoan, os restos da cociña, a antiga sacristía e a sala capitular. A capela barroca do Rosario é do século XVII e a sacristía (renacentista) é do XVI.
Actualmente viven no mosterio 15 monxes cistercienses (unha reforma da orde benedictina). Segundo explica o prior Carlos Guitiérrez levántanse para o oficio das 5 de mañá e acóstanse ás 21.45h.
Durante o día seguen a máxima de "ora et labora". "Intercalamos oficios durante todo o día co traballo manual". Entre os productos que ofrecen na súa tenda destaca o doce de leite.
Visitas
O horario de visitas para os turistas é de 10h a 13.30h e de 16.30 a 19h.