A Xunta investiu 10 millóns en 60 intervencións dende que a Muralla de Lugo é Patrimonio da Humanidade

A Consellería de Cultura traballa nun Plan Director para establecer as liñas de actuación en materia de conservación para os vindeiros anos

Román Rodríguez visita o adarve da Muralla romana de Lugo coas autoridades locais

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A Muralla romana de Lugo é, sen lugar dúbidas, o monumento máis senlleiro da cidade. Construida hai máis de 17 siglos, dacordo coas directrices de Vitruvio, mide máis de dous kilómetros de lonxitude e ten dez portas que permiten o acceso ao casco histórico, ademais de conservar 71 das 85 torres -cubos- que tiña orixinalmente a construcción militar.

É única na súa especie. Non hai outra no mundo que conserve o seu trazado primixenio de xeito íntegro. A Unesco fixo pública a súa declaración como Patrimonio da Humanidade o 30 de novembro do ano 2000, precisamente para poñer de manifesto o valor deste ben patrimonial que constitúe o mellor exemplo vivo das fortificacións militares do Imperio Romano tardío que se conserva en Europa.

Co gallo do vixésimo aniversario desa declaración, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou o monumento e anunciou que a Xunta de Galicia porá en marcha un Plan Director para establecer as liñas de actuación da administración autonómica -titular da Muralla romana de Lugo- en materia de conservación para os vindeiros anos. De feito, avanzou que nos orzamentos do goberno galego para o 2021 figuraba unha partida para a súa redacción.

En realidade, ese Plan Director pretende definir a continuidade do traballo de conservación, mantemento e consolidación que a Xunta de Galicia ven facendo nas últimas décadas de xeito permanente. De feito, a administración autonómica investiu máis de dez millóns de euros en máis de 60 actuacións vencelladas coa Muralla romana dende que foi recoñecida pola Unesco como ben mundial.

Tramo da Mosqueira, o único no que pode verse un segundo nivel da Muralla de Lugo

Sen ir máis lonxe, este mesmo ano, ademais de completar a redacción do Plan Director, o goberno galego gastará máis dun millón de euros en diversas actuacións para mellorar o estado do monumento, que require de atención e coidado de xeito continuo.

Recuperación do lenzo en Clérigos

De feito, a mediados de xaneiro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade licitou as obras de restauración dunha parte do lenzo da Muralla, concretamente á altura da Rúa Clérigos, nun treito de 12,16 metros situado entre os cubos XXX e XXXI, cun orzamento de 142.000 euros -ao que hai que sumarlle os 20.000 euros gastados na redacción do proxecto-.

Esa intervención foi planificada para resolver as patoloxías detectadas na pedra, precisamente por esa labor de vixiancia permanente dos técnicos da Xunta, como consecuencia da choiva e o desgaste propio do paso do tempo. A idea era atallar canto antes incidencias como a disgregación dos morteiros ou a aparición de fisuras, polo que se plantexou unha obra centrada no desmontado de petos e muros, impermeabilización e reconstrucción da estrutura.

Ademais, entre os traballos programados por Cultura figuraba tamén a escavación manual arqueolóxica do adarve ata a cota orixinal romana; separar o recrecemento da estrutura orixinal mediante unha lámina xeotextil, para logo volver a cubrila con laxas de lousa, e o desmontado e retirada da instalación eléctrica e das luminarias existentes nese punto para facilitar a execución das obras.

Obras executadas pola Xunta de Galicia no adarve da Muralla

Igualmente, foi planificada unha cata arqueolóxica coa finalidade de definir o trazado orixinal do cubo XXX, así como o levantamento topográfico e a fotogametría 3D do mesmo, para seguir profundizando no coñecemento sobre a Muralla.

Ademais, este proxecto dalle continuidade ás obras de restauración do cubo XXXI, que a Consellería acometeu en 2020, tamén cun investimento de 142.000 euros. Uns traballos que igualmente serviron para consolidar a estrutura, definir a traza orixinal do cubo e realizar un estudo exhaustivo sobre este elemento da Muralla.

Contrato de mantemento

Este ano, na primavera, a Xunta de Galicia tamén licitou o contrato de mantemento da Muralla por un período de dous anos e cun orzamento de 635.700 euros, coa idea de darlle continuidade “ao permanente labor de control e corrección que realiza a Xunta no monumento, que é un dos espazos máis transitados da cidade e esixe un importante esforzo de conservación”.

Traballos para retirar manualmente a vexetación na Muralla de Lugo

Entre a actuacións previstas nese contrato figura a retirada manual de vexetación e o mantemento e reparación de solados, fábricas e albardillas, así como doutros elementos da Muralla, como revocaduras, estruturas metálicas ou varandas. Ademais, está prevista a reparación da instalación eléctrica e a sustitución das luminarias deterioradas, polo desgaste propio do uso ou ben por actos vandálicos, tanto no adarve -que empregan a diario centos de lucenses para pasear ou para facer deporte- como noutros puntos do monumento.

Ademais, a actuación prevista sobre a Muralla exténdese na Praza de Pío XII -onde conflúen tres elementos Patrimonio da Humanidade: o propio monumento romano, a catedral de Lugo e o Camiño Primitivo a Santiago- aos restos da Domus do Mitreo -o xacemento dunha antiga casa romana cun templo adicado a deusa Mitra-, dado que forman parte do conxunto arqueolóxico.

A Muralla romana de Lugo á altura da Praza de Pío XII, onde se xuntan tres bens mundiais

En concreto, están previstos traballos para correxir a filtración de humidades, así como accións de conservación para rematar coa acumulación de po e restos, sales e colonización biolóxica no xacemento. Para iso, aplicaránse biocidas, limparánse en seco os morteiros policromos e consolidaránse os morteiros disgregados a causa de pequenos desprendementos.

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

12:00H | 17 ENE 2025 | BOLETÍN