PONTEVEDRA
"Estou máis ilusionado que nunca porque ves que o traballo é efectivo e quedan moitos proxectos por facer"
A decisión de presentarse ás eleccións municipais do 2023 "non se tomou aínda no BNG"
Madrid - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, está "encantado" como dirixente do Goberno municipal da cidade. A decisión de presentarse ás eleccións municipais do 2023 como líder do BNG "non se tomou aínda" pero síntese "máis ilusionado que nunca" polos proxectos que viron a luz durante este mandato e todos os que quedan por facer.
Santa Clara
O nacionalista admitiu no Mediodía de Cope que lle sorprendeu ó éxito da programación cultural e das visitas organizadas polo Concello de Pontevedra para que a cidadanía coñeza o convento de Santa Clara. "Sabíamos que era un acerto a súa compra pero estou moi satisfeito porque, nun espazo moi curto de tempo, puidemos facer un programa moi variado, con moita participación de artistas galegos, e quero agradecer a apetencia da cidadanía por coñecer eses 750 anos de historia", expresou o rexedor municipal con orgullo.
Raíña Victoria
Unha vez aprobado o bando municipal que xustifica o peche da avenida Raíña Victoria con carácter indefinido, Fernández Lores sinala que o primeiro que fará o Concello será instalar a plataforma única para mellorar a accesibilidade.
Os usos destinados ás festas da Peregrina manteranse y se poñerá en marcha o primeiro 'Skate Plaza' da cidade. O alcalde considera que "este é o sitio axeitado porque non hai comercios nin vivendas" para evitar que estes deportistas molesten a outras persoas.
Modelo urbano
Lores defende a peatonalización de Raíña Victoria porque "tomamos decisións que, aínda que lle moleste a algunhas persoas, as ventaxas son moitas máis que os inconvintes".
Sobre as críticas do PP local de Pontevedra, o alcalde opina que "si lle deixan, destrozan o modelo en dous anos" pero ten confianza no seu partido para as eleccións do 2023 para "deixarlle unha cidade mellor ós nosos fillos e ás nosas netas".