ELECCIÓNS MUNICIPAIS

A asamblea local do BNG apoia a candidatura de Lores: “Quero deixar unha Pontevedra mellor da que recibín eu"

Miguel Anxo Fernández Lores recibe o apoio dos militantes para presentarse ás eleccións municipais do 2023

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A asamblea local do BNG apoia por unanimidade a candidatura de Miguel Anxo Fernández Lores para presentarse ás eleccións municipais de maio de 2023.

Tras o anuncio oficial, o alcalde de Pontevedra visitou o Mediodía de Cope, onde asegurou estar “moi ilusionado” por volver a encabezar a candidatura do BNG co obxectivo "de comezar unha nova etapapara seguir facendo da Boa Vila “unha referenciaen ámbitos como a política municipal, a loita contra o cambio climático ou a seguridade viaria para mellorar a calidade de vida dos veciños da cidade.

Quero deixar unha Pontevedra mellor da que recibín eu”, afirmou o candidato oficial do Bloque.

Botando unha ollada ó pasado, Lores está “moi orgulloso do feito nos últimos anos”. O nacionalista afirmou que o BNG demostrou “unha gran capacidade de xestión” á fronte dunha das grandes cidades de Galicia.

En Cope tamén se refireu á posibilidade de que o PSOE de Pontevedra mude de candidato se Iván Puentes vence ó actual tenente de alcalde, Tino Fernández, nas primarias socialistas. As forzas políticas son maiores de idade para decidir o que consideren convinte, defende Lores antes de sinalar que "o BNG non tivo problemas" nos últimos seis mandatos para gobernar en coalición ou en solitario.

A meta que se marca o alcalde para as municipais é “ter uns resultados electorais que me permitan seguir avanzando porque temos proxectos para esta cidade que queremos ver cumpridos”.