Desescalada en Galicia
Monbus y Autocares Rías Baixas recuperan los buses para universitarios de Pontevedra y Marín
Los servicios ordinarios eliminados por las restricciones iniciadas a finales de enero, en cambio, no se retoman a pesar de que se levanten los cierres perimetrales municipales.
Pontevedra - Publicado el - Actualizado
5 min lectura
Con el regreso de los universitarios gallegos a las clases presenciales a partir del 1 de marzo, las empresas que prestan el servicio de conexión con los campus de Vigo y Santiago recuperan las líneas suspendidas temporalmente. En el caso de los estudiantes de de Pontevedra y Marín, tanto Monbus como Autocares Rías Baixas han confirmado a esta emisora la vuelta a la normalidad a partir del lunes.
RESTO DE USUARIOS
En cambio, pese a que desde este viernes 26 se levantan los cierres perimetrales municipales y se permite la movilidad en toda el área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, las empresas concesionarias no valoran por el momento retomar las frecuencias eliminadas. En el caso de Autocares Rías Baixas, se han mantenido todos los horarios de conexión entre Cambados y Pontevedra, el recorte por la bajada de usuarios únicamente se ha realizado en el bus de Monte Porreiro y los sábados, quedando de la siguiente forma: Saídas desde Monte Porreiro cada hora desde as 07:30 ata as 22:30h. - Saídas desde E.A. Pontevedra cada hora desde as 08:00 ata as 22:00h.
Por su parte, Monbus ha reducido un mayor número de frecuencias por la pérdida de viajeros motivada por las restricciones sanitarias. Aunque el DOG de este jueves haya aprobado que la movilidad permitida se amplía a los concellos que conforman el área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, el último bus que conecta O Grove con Pontevedra este domingo tiene salida a las 14:45 horas.
El listado completo de las frecuencias suprimidas por Monbus puede consultarse haciendo click aquí.
NORMAS VIGENTES EN CUANTO AL TRANSPORTE
Las directrices publicadas este jueves en el Diario Oficial de Galicia sobre el transporte únicamente marcan diferencias por concellos en el caso de los citados “en el anexo II”, es decir, los de peores datos epidemiológicos: ninguno de ellos del área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
3.18. Transportes.
1. As condicións de capacidade dos vehículos e embarcacións que realicen servizos colectivos de transporte de viaxeiros de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, isto é, o transporte en autobús –de carácter interurbano e urbano, sexa de uso xeral, de uso especial ou discrecional– e o transporte marítimo en augas interiores, quedan establecidas do seguinte modo:
a) Nos vehículos e embarcacións que dispoñan de asentos poderase ocupar a totalidade dos asentos. Deberase manter a máxima separación entre as persoas usuarias cando o nivel de ocupación o permita.
b) Nos vehículos e embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establécese como límite de ocupación máxima a dunha sexta parte das prazas de pé.
2. Como medidas adicionais aplicables aos modos de transporte establécense as seguintes:
a) Durante toda a duración do traxecto, cando esta sexa inferior a dúas horas, as persoas usuarias non poderán consumir alimentos no interior dos vehículos ou embarcacións e deberán, igualmente e na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo ou embarcación.
b) Na prestación de servizos colectivos regulares de transporte de viaxeiros de carácter interurbano de uso xeral, cando non estean autorizadas prazas de pé, e na prestación de calquera servizo de transporte marítimo en augas interiores da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia será obrigatoria a expedición de billete coa identificación do servizo concreto de transporte de que se trate e do vehículo ou embarcación que o preste.
Igualmente, todos os anteriores vehículos e embarcacións deberán ter numerados os seus asentos de forma clara e visible para as persoas usuarias.
Naqueles servizos respecto dos cales non haxa unha asignación previa de asento, recoméndase ás persoas viaxeiras que anoten no seu billete o número de asento que ocupen e que o conserven durante os 14 días posteriores ao da viaxe.
c) As empresas concesionarias procurarán a máxima ventilación do vehículo, sen recirculación do aire, mantendo as fiestras abertas sempre que non se produzan correntes de aire.
Para tal efecto, os vehículos que realicen varias viaxes en diferentes quendas horarias deberán proceder á ventilación deste antes de cada quenda e, sempre que for posible, á súa limpeza e desinfección. En todo caso, realizarase como mínimo unha limpeza diaria, empregando produtos e procedementos previstos no plan de limpeza e desinfección.
d) Tanto as empresas concesionarias coma as persoas usuarias observarán en todo momento as medidas de protección, e o uso da máscara, e as demais medidas de prevención, evitando condutas como levantarse, interactuar, berrar, compartir obxectos, tocar superficies comúns ou outras condutas que poidan xerar risco de contaxio ou transmisión.
3. Nos desprazamentos en vehículo particular respectaranse as limitacións que se establezan para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial no Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
Non obstante, está permitido o desprazamento nun vehículo particular de persoas non conviventes que traballen xuntas e só para o traxecto de ida e volta ao centro de traballo, así como para que os menores poidan acudir a centros de ensino. Nestes casos, só se permitirán dúas persoas por fila de asentos, e deberán usar todas máscara.
4. Nos concellos enumerados na parte A do anexo II os taxis e vehículos VTC poderán prestar servizos de transporte para persoas conviventes, así como escolares, persoal sanitario, pacientes ou traballadores non conviventes; nestes casos poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo e procurarase, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias. En todos os casos, será obrigatorio o uso de máscara.
No resto dos concellos, poderán desprazarse tantas persoas como prazas teña o vehículo e procurarase, cando o nivel de ocupación o permita, a máxima separación entre as persoas usuarias. En todos os casos, será obrigatorio o uso de máscara.