Xosé Antonio Touriñán apadriña a inauguración da radio escolar do CEIP de Marcón

O centro pontevedrés viviu unha xornada inesquecible coa posta en marcha da súa nova radio escolar, apadriñada polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán

Touriñán na radio escolar de Marcón
00:00

Redacción COPE Pontevedra

Pontevedra - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O CEIP de Marcón viviu un día grande este pasado 25 de abril de 2025 coa inauguración oficial da súa radio escolar. O evento contou cun padriño de excepción, o coñecido monologuista e actor galego Xosé Antonio Touriñán.

A radio escolar xorde no marco do programa da Consellería "Polos Creativos", unha iniciativa que busca dotar aos centros de ferramentas e formación para proxectos innovadores. Maite, docente de primaria no centro, expresou a súa satisfacción co desenvolvemento da actividade: "Estamos super contentos. Creo que saíu todo moi ben, fixérono xenial". A mestra tamén subliñou que se trata dunha experiencia "moi bonita" e "significativa" para o alumnado porque están a facer algo que é "real".

O acto central da xornada foi a entrevista a Touriñán, levada a cabo polos alumnos de 6º de Educación Primaria. Esta entrevista requiriu un traballo previo considerable, onde os estudantes investigaron sobre a vida e a traxectoria profesional do actor, chegando a ver unha curta na que participa. Este labor foi necesario xa que, como indica Maite, gran parte do traballo de Touriñán non está dirixido a nenos, polo que non lles era especialmente coñecido. A pesar diso, estaban "moi emocionados" e a entrevista transcorreu sen preguntas comprometidas, mostrando Touriñán unha gran disposición. Maite agradeceu enormemente a súa presenza e actitude, destacando que "achegouse ata aquí e foi superamable e agradable, prestouse a participar en todo", incluída a entrevista.

Ademais da inauguración da radio escolar, Touriñán realizou actividades con todos os alumnos do centro. Presentou a súa vida e carreira aos máis novos (Infantil, 1º e 2º) cun apoio audiovisual. Para os de 3º e 4º, revelouse como o "actor misterioso" que os acompañou durante o curso, traballando contidos relacionados co cine, tema central do proxecto do centro este ano. Os alumnos de 5º e 6º, antes da entrevista radiofónica, tiveron a oportunidade dunha conversa máis persoal con 

seguirá a radio escolar no vindeiro ano?

Respecto á continuidade da radio escolar, Maite confirmou que hai intención de seguir facendo cousas. Aínda que o proxecto anual do centro para o vindeiro curso aínda non está definido, a radio seguirá vinculada á temática anual. No que resta deste curso, prevese facer traballos máis internos, como podcasts sobre investigacións dos alumnos ou entrevistas entre eles, fomentando que sexan eles os "expertos".A radio escolar do CEIP de Marcón comeza así o seu camiño, converténdose nunha ferramenta educativa significativa que, como sinala a mestra Maite, permite traballar contidos curriculares dun xeito real e motivador para os estudantes.

Escucha en directo

En Directo COPE PONTEVEDRA

COPE PONTEVEDRA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 30 ABR 2025 | BOLETÍN