Vigo no tempo, aberta na Fundación ata o 20 de xaneiro

Cómo era a fábrica da Citroen nos anos 70 ou a orixe do Celta de Vigo, entre o que ofrece esta nova exposición organizada pola Cidade da Cultura

ctv-r1r-vigo

Redacción COPE Galicia

Galicia - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Está aberta na sede de A Fundación de Vigo a exposición "Vigo no tempo", comisariada por Manuel Gago e que repasa a historia da cidade olívica. Nela podemos ver as primeiras fotografías tomadas na cidade, no ano 1870.

"Indagamos na densa malla cultural dun territorio que deviu na cidade máis grande do país", sinala Gago nas súas redes sociais.

Cómo eran os asteleiros ou a fábrica de automoción en décadas pasadas. Tamén se pode ver un balón de fútbol da época do Exiles F.C, o xermen do que hoxe é o Celta de Vigo.

Organizada pola Xunta de Galicia e a Cidade da Cultura, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez destaca o carácter de "cidade viva", referente da fachada atlántica peninsular.

"Vigo no tempo" forma parte dunha serie de exposicións que repasan a historia das cidades galegas, despois das que xa se celebraron en Ferrol ou Lugo.