Ángeles Vázquez y los jabalíes en A Coruña: “a Xunta non pode traer unha gaiola e poñela na rúa"

La vicepresidenta segunda pide al concello que aclare dónde poner las jaulas-trampa para atrapar a los animales.

00:00

Entrevista con Ángeles Vázquez, vicepresidenta segunda de la Xunta

Noela Bao

Coruña - Publicado el - Actualizado

8 min lectura

El Ayuntamiento de A Coruña y la consellería de Medio Ambiente mantendrán en este mes de octubre una reunión sobre la planta de Nostián. La Xunta espera que el consistorio coruñés presente ahí una “planificación” para corregir las irregularidades de las instalaciones, según ha avanzado la Vicepresidenta Segunda del Gobierno autonómico, Ángeles Vázquez, en COPE Coruña.

Su departamento sigue a la espera de que el gobierno coruñés del indique en qué puntos colocar las jaulas-trampa para capturar a jabalíes, aunque reconoce que se está haciendo trabajo de desbroce. En la charla, la entrevista ha hablado también del programa de conversión de bajos comerciales en viviendas, que arranca el 15 de octubre, y de las ayudas a eficiencia energética, con especial impacto en A Coruña. Ha sido la ciudad con mayor impacto de este programa de aislamiento de edificios.

A planta de reciclaxe de Nostián foi unha oportunidade no seu momento. Agora, ademais de xestionar os residuos da comarca, é un foco de conflicto, debido ao seu mal estado, as distintas sentenzas xudiciais sen cumprir e á incerteza sobre o seu futuro. Vostede fala, de feito, de que hai delitos ambientais en Nostián, non?

Pois si, a verdade é que os tempos mudan e, polo tanto, hai que adaptarse á lexislación vixente. Levamos anos, que non son meses, con incumprimentos, con parches tras parches, pero ao final o resultado é que hai unha serie de sentenzas. Hai lixiviados, non están selados os vertedoiros e, polo tanto, as emisións superan con creces as establecidas por lei. A partir de aí, o que aconteceu foi que ninguén quere ter a responsabilidade pero, se alguén non ten culpa do que está a acontecer, dende logo, son os veciños e as veciñas da Coruña, que son os que están vivindo esa situación . Ao final, repercute na calidade do aire e, tamén, na calidade das augas. E iso é saude.

Polo tanto, a Xunta de Galicia, aparte das sancións correspondentes, sempre tivo un diálogo fluido, desde o punto de vista administrativo e técnico, para que isto tivera un fin. Visto que non estaba a acontecer, ao final toca actuar porque se non sería unha irresponsabilidade, pola miña parte, que son a máxima responsable para que a lei se cumpra. Efectivamente, de non cesar esta situación estaríamos falando de un delito medioambiental. e iso é grave, porque aí sí que hai responsabilidades a o final, non só unha sanción.

A partir de aí mantivemos unha xuntanza técnica, pero tamén de carácter político. É certo que eles demos un tempo para que replanteen que van facer. Alguén ten que acometer os selados dos espazos. Emprazámonos para o mes de outubro, para unha nova xuntanza e aí o que pedimos é unha planificación e feitos. Xa non hai máis demora posible ao respecto.

O Concello da Coruña asumiu que vai ter que instalar un quinto contedor para adaptarse a normativa europea. Non sei se sabe algo desde a Xunta sobre esta intención...

Pedíamos planificación, nun principio houbo negativa, despois eu creo que mesmo houbo desidia. Nun terceiro momento, pediuse amparo ao Ministerio de Transición Ecolóxica. O que se pretendía dicir era que a Xunta perseguía... a Xunta, unha vez máis o que fai é aplicar a lei de residuos para un quinto contedor. Polo tanto, ten que haber separación de residuos desde o inicio. No caso da Coruña non o ten, e polo tanto agardemos que xa se quite a concurso. Primeiro teñen que aprobar os pregos, quitar os concursos correspondentes, e ten que haber xestos. Eses xestos téñense que ver ao remate deste ano, porque en realidade debería de estar implantado a 31 de decembro do ano 2023. Eu estou segura porque non pode ser doutro xeito, e máis tratándose da Coruña, unha das principais cidades de Galicia, que isto vai suceder.

00:00
Ángeles Vázquez, sobre la planta de Nostián

Ángeles Vázquez, sobre la planta de Nostián

Hoxe rexistrouse na Zapateira unha tropelo ou un xabarín. Por sorte o conductor resultou ileso, pero non deixa de se un problema evidente. Hai xa algún acordo, unha solución co concello da Coruña para a captura de xabaríns en zona urbana?

Antes do verán xa trasladábamos que había que actuar, e actuar é que hai competencias. Son unhas competencias que non pode obviar o Concello da Coruña. Aí está a Lei de Réxime Local. Hai unhas zonas que son encames, e polo tanto actúan de paritorio de xabaríns. Ao final acaba sendo o seu lugar habitual, xa non se van. Propúxose que se instalaran gaiolas trampa, pero para iso a Xunta de Galicia non pode traer unha gaiola e poñela nunha rúa. O que hai que facer é, a través dos servizos correspondentes, detectar onde hai eses encames. Primeiro teñen que facer os desbroces correspondentes. Eu creo que os están facendo e polo tanto xabaríns andan agora máis perdidos que nunca polas rúas. É certo que tivemos conversas, e eu agardo que esas conversas frutifiquen, igual que están frutificando, en Arteixo, que xa solicitaron as gaiolas trampa, en Cariño.. pero tamén hai conversas con Ferrol, ou tamén as solicitaron en Sada.

Na Coruña o que non se pode, por parte do goberno local, é pechar os ollos e dicir 'non teño ningunha competencia'. Todas as competencias dentro da zona urbana compétenlle ao Concello en si. A Xunta está para axudar, decretou zonas de emerxencia cinexética. A todo isto, teño que dicir que hai partidos políticos que se opoñen. Aqui hubo unha manifestación de Pacma, pero non só iso, é que no Parlamento Galego, o BNG tampuco está de acordo coa declaración de emerxencia cinexética. E a min gustaríame saber entón cal é a solución, porque non existe solución, máis que, por un lado, emerxencia cinexética e por outro lado, establecer medidas para que non haxa problemas coa cidadanía.

Nalgúns sitios hai arqueiros profesionais e utilízanse,e teño que darlles a grazas por ese labor. Aqui, o que ofrecemos son esas gaiolas-trampa, onde a Xunta de Galicia se fai cargo de todos os gastos. O Concello o que ten que facer é dicirnos o lugar donde establecela e, despois, trasladar o xabarín ao lugar pertinente.

00:00
Ángeles Vázquez, sobre los jabalíes en A Coruña

Ángeles Vázquez, sobre los jabalíes en A Coruña

Vostede leva tamén a área de Vivenda. É un dos principais problemas aqui na Coruña. Estase a promover a conversión de baixos comerciais en vivendas. Que teñen que facer as persoas propietarias para iniciar o proceso?

Entra en vigor o 15 de outubro. Nós queremos facer unha serie de reunións nas cidades para dar a coñecer cal é a tramitación pertinente. Unha persoa que queira convertir o seu baixo en vivenda, o que ten é que achegarse ao concello para pedir a licenza correspondente. O concello ten que limitar zonas para flexibilizar as condicións que poñemos para convertilo en vivenda.

Hai unhas condicións que son mínimas e unha liña vermella que nunca debemos pasar, e é que toda a vivenda ha de ter mínimo 40 metros cadrados. A partir de aí, somos flexibles. Pódense convertir en vivenda tanto os baixos como as entreplantas. Os espazos de distancia dunha ventá ou chan ou mesmo un espazo público vanse facer en función das condicións que teña esa rúa.

Polo tanto, é un proceso que é doado. O concello ten que facer o seu aporte. Se hai unha negativa por parte do concello, nós pouco ou nada podemos facer. Pero si poñemos enriba da mesa esas condicións, que son as que se están utilizando tamén no resto de Europa e, ademais, supoñen, por un lado, o rexurdir de certas rúas que xa non ten sentido porque xa non vai voltar ao comercio. O que tampouco estamos dicindo é que cambiemos o uso comercial polo residencial e que non poida haber comercio na zona, en absoluto. O que dicimos é que todos aqueles locales que levan anos co letreiro de 'se alquila' teñan oportunidade. É bo para o propietario, é bo cara a comunidade de veciños... e é bo para A Coruña en xeral porque supón ter máis vivenda e, polo tanto, que os precios do alugueiro baixen.

Visitou na Coruña as obras nunha das Torres de San Diego, na Avenida do Exército, un dos inmobles beneficiarios das axudas da Xunta en materia de eficiencia enerxética. É un edificio de

máis de 20 pisos, co cal, imaxino que as obras non serán baratas tampouco....

Hoxe remata o prazo para solicitar as axudas tanto de eficiencia enerxética. Estivo aberto desde o mes de maio e xuño. Recibimos un total de 2.500 solicitudes e máis de 1.200 foron da Coruña. Polo tanto, é unha cidade e unha provincia donde está habendo un gran movemento. Neste caso, este edificio son un total de 76 famílias as que se viron beneficiadas.

As obras eran de 1,6 millóns de euros. Non é doado, por non dicir imposible, se non hai axudas, porque terían que facer un gran aporte, pero concedemos 1,1 millón de euros, e o máis importante é que van a ter un aforro de máis de 70% tanto en calefación como en refrixeración. Aí acometéronse obras na envolvente de todo o edificio, de illamento da azotea, o cambio de ventás, da carpintería. É unha obra para poñer en valor e que sirva de exemplo para que a xente saiba que forón máis de 40 millóns os que se puxeron en axudas nesta convocatoria. O vindeiro ano volveremos quitar de novo estas axudas.

Hai que facelo con antelación, porque sabemos que os fondos os ímos esgotar ao 100%. Pedimos ao Goberno Central, xa que somos das primeiras comunidades autónomas que esgotamos todos os fondos europeos que se nos fagan novos repartos porque somos coñecedores de que outras comunidades autónomas non fixeron os seus deberes. En Galicia necesitámolos polas nosas condicións, pola choiva, humidade... e o que agardamos é cumprir todos os nosos obxectivos, que son chegar ao maior número de persoas posible.

Escucha en directo

En Directo COPE A CORUÑA

COPE A CORUÑA

En Directo COPE MÁS A CORUÑA

COPE MÁS A CORUÑA

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 27 DIC 2024 | BOLETÍN