Festival "Abride a fiestra" de homenaxe á poeta no seu pasamento
Anxo Angueira: "Ainda queda moita Rosalía por descubrir"
O 15 de Xullo conmemórase o pasamento de Rosalía de Castro e este ano a data vaise celebrar dun xeito especial, cun festival na que se van da-la man música, poesía , proxección audiovisual e visitas guiadas a cargo de especialistas rosalianos... A casa museo en Padrón será o escenario principal dos actos do domingo, pero xa o venres haberá un aperitivo en Carril, no museo do Ferrocarril desta localidade, onde se vai inaugurar unha mostra e haberá recitado de poemas e concerto. Xa o sábado, terá lugar a tradicional subida en dorna a vela dende Valga a Padrón, organizada en colaboración coa Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa. O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, debullounos en Cope o programa deste evento inspirado nas derradeiras verbas que segundo unha das fillas da poeta, pronunciou a autora de Follas Novas antes de falecer en Padrón... "Abride a fiestra que quero ver o mar".
00:00
Escucha en directo
En Directo
COPE SANTIAGO
COPE SANTIAGO
Lo último
Monólogo destacado
Programas
Herrera en COPE
Con Carlos Herrera
Tiempo de Juego
Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño
La Linterna
Con Ángel Expósito
El Partidazo de COPE
Con Juanma Castaño