Se es universitario en Galicia, estas son as axudas coas que estudar idiomas no estranxeiro

Aberta ata o 15 de marzo a convocatoria de axudas para estudar linguas nos meses de verán que van dos 1.200 euros para países de Europa ata os 1.500 euros no resto do mundo

00:00

Convocadas en Galicia as axudas a universitarios para estudar idiomas con estadías no estranxeiro

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Xunta de Galicia ven de abrir a convocatoria das axudas para que o alumnado das universidades públicas galegas realicen estadías noutros países durante o verán de 2024 co obxectivo de que os estudantes melloren as súas competencias en linguas estranxeiras e, como consecuencia, a súa cualificación.

Os requisitos para solicitar estas axudas, que podes consutar no Diario Oficial de Galicia, son que as persoas solicitantes acrediten que van realizar un curso de idiomas presencialmente no período comprendido entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2024, ambos inclusive, cun mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co oficial do país elixido e ser diferente do español.

As persoas solicitantes deben estar matriculadas no curso 2023/24 en, como mínimo 50 créditos excluídos os recoñecidos, convalidados ou adaptados, de estudos de grao nas universidades públicas galegas. Ademais, deben ter superado 60 créditos a data do 30 de setembro de 2023, excluídos tamén, os recoñecidos, convalidados ou adaptados.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de marzo e deberán facerse obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O orzamento total da convocatoria é de 228.000€ e a dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200€ para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500€ para estadías no resto do mundo.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Programas

Último boletín

10:00H | 24 DIC 2024 | BOLETÍN