Paso case definitivo para recuperar o Pazo de Dona Urraca e a súa contorna en Lugo

É unha das zonas máis sensibles do casco histórico de Lugo, situada en pleno barrio da Tinería, a só uns pasos da Muralla romana da cidade

00:00

El Ayuntamiento de Lugo aprobará este miércoles el texto del convenio con el IGVS

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

COMPROMISOS

Os termos do convenio, que non se modifica en relación ao borrador xa acordado entre ambas adminsitracións, contempla como compromisos do organismo dependente da Xunta a redacción e a solicitude dos proxectos das obras de demolición, rehabilitación e nova construción das edificacións que se inclúen no espazo da actuación, así como a urbanización da mesma na súa totalidade. Ademais formulará e executará o proxecto de escavación arqueolóxica, que deberá levarse a cabo como paso previo a calquera outra actuación e que quedará ao diposto das determinacións de Patrimonio.

Pola súa parte, o Concello acadará a titularidade de varias edificacións para que se incorporen ao resto de parcelas da unidade de actuación que xa son titularidade do IGVS, co fin de favorecer un mellor desenvolvemento da zona.

Así mesmo, a administración local comprométese a tramitar os documentos urbanísticos precisos para facer viable a actuación e o proxecto de urbanización así como a tramitar e conceder as licenzas de edificación e axilizar en todo o posible os prazos.

A cambio, o retorno do investimento local e dos dereitos de edificabilidade que lle corresponden ao Concello, por tratarse dunha actuación en solo urbano non consolidado, será a entrega, en baixos comerciais, dunha superficie equivalente ao 10% da edificabilidade de uso residencial que se materialice.

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN