Remata o curso, toca pensar no seguinte: xa se poden solicitar axudas para libros de texto en Lugo

As familias que cumpran os requisitos establecidos polo goberno municipal teñen 15 días de prazo para presentar a súa solicitude

00:00

Maite Ferreiro anuncia o inicio do procedemento para as axudas á compra de libros de texto en Lugo

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que o Concello de Lugo ven de abrir o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos.

"Seguimos a traballar na mellora dos tempos deste trámite, que este ano contamos con ter rematado de cara ao inicio do curso escolar", declarou Ferreiro, quen engadiu que "desde a área de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíble, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos".

A concellería avanza no procedemento que permite ás familias con baixos recursos optar a un dos 400 cheques de 100 euros, ata completar un total de 40.000 euros adicados a esta liña de axudas.

O criterio de reparto: a renda

O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

As bases publicáronse hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP). ábrese polo tanto o prazo de presentación de solicitudes ao longo dos próximos 15 días, a través do rexistro presencial ou telemático.

"Simplificamos o máximo posible o procedemento para garantir que as axudas se poidan entregar no menor tempo posible", afirmou a concelleira.

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN