Ideas frescas para rehabilitar o corazón do casco histórico de Lugo

A Xunta de Galicia de Galicia convocará un concurso de ideas para recuperar a contorna do Pazo de Dona Urraca, a tan só uns pasos da Muralla romana

00:00

A conselleira María Martínez Allegue anuncia un concurso de ideas para rehabilitar A Tinería

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

A Xunta segue a dar pasos para a “seguir reactivando” o barrio da Tinería, no casco histórico de Lugo. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinou este xoves a compra dun novo inmoble na Rúa Miño, que completa a mazá da área de intervención para a rehabilitación e o desenvolvemento urbanístico da contorna do Pazo de Dona Urraca, trala aprobación do convenio por parte do Concello de Lugo.

O inmoble adquirido, por un orzamento de 180.000 euros, está situado no número 19 da citada rúa e data de 1880. O pasado ano, a Xunta xa mercara o edificio do número 21 desta Rúa do Miño, ambos situados detrás do Pazo de Dona Urraca.

Agora, trala aprobación por parte do Concello do convenio urbanístico para desenvolver a contorna do edificio medieval, a Administración autonómica tramitará, como subliñou a conselleira, o Plan Especial para desenvolver urbanísticamente e poñer en valor esta unidade de intervención na que están situados todos os inmobles.

CONCURSO DE IDEAS

Deste xeito, a Xunta convocará un concurso de ideas para redactar de forma conxunta todas as actuacións incluídas nese ámbito, tanto a redacción do Plan Especial como a dos proxectos de rehabilitación, obra nova e urbanización.

A licitación dos proxectos terá lugar no ultimo trimestre deste año.

Pola súa parte, ao Concello de Lugo correspóndelle expropiar as edificacións e parcelas que se inclúen no Plan Especial e que aínda non son de titularidade do IGVS.

Deste xeito -apuntou a conselleira-, unha vez a Xunta teña os terreos dispoñibles, cos proxectos redactados, o IGVS licitará a execución das obras”. No caso do Pazo de Dona Urraca, a Administración autonómica xa conta cun un proxecto redactado para a súa rehabilitación, aínda que se tramitará dentro do conxunto do Plan Especial.

Unha vez que teñamos todo rehabilitado -afirmou María Allegue-, quedará á disposición da cidadanía, que poderá acceder ás novas vivendas, a través do Rexistro Único de Demandantes. Lugo é unha cidade prioritaria para a Xunta de Galicia e temos especial coidado con todas as actuacións que levamos a cabo na zona vella da mesma”.

Vivendas en alugueiro social

Allegue sinalou que nos últimos anos, a recuperación da Tinería levada a cabo pola Xunta xa permitiu a rehabilitación de 40 edificios, que permitiron a posta a disposición de 96 vivendas destinadas a alugueiro social. O investimento total que leva realizado a Administración autonómica neste barrio do casco histórico lucense ascende a 26 millóns de euros.

Seguiremos buscando, mercando e rehabilitando outros inmobles do barrio e, coa colaboración co Concello, seguiremos a converter a Tinería nun barrio cheo de vida e de novas oportunidades para todos os lugueses e as luguesas”, subliñou a conselleira.

Concretamente, están xa redactados os proxectos de rehabilitación de dous edificios mais na Rúa Catedral e xa se solicitou por parte da Xunta a licenza municipal, co que se prevé que as obras poidan estar xa executadas para o 2026.

Programas

LOS ÚLTIMOS AUDIOS

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN