PLENO ORDINARIO DE OUTUBRO

O goberno da Deputación de Lugo presenta unha proposta en defensa do galego

O presidente do organismo provincial, o socialista José Tomé Roca, afeoulle á Xunta de Galicia o "fracaso da actual política lingüística"

Efrén Castro (BNG) e José Tomé Roca (PSdeG-PSOE) no pleno da Deputación
00:00
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé Roca, criticou a política lingüística da Xunta de Galicia

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Como adoita acontecer cada último martes de mes, este 29 de outubro tiña lugar no Pazo de San Marcos o pleno ordinario da Deputación de Lugo

O goberno bipartito presentou unha proposta en defensa do galego e reclamoulle á Xunta de Galicia medidas de fomento do seu uso ante o "fracaso da actual política lingüística", segundo palabras do presidente do organismo provincial, o socialista José Tomé Roca.

MOCIÓNS DE TODOS OS GRUPOS

Tamén no apartado de reclamacións, o grupo provincial socialista pediulle á Administración autonómica un plan de apoio para as mulleres do rural.

Desde o lado nacionalista do goberno provincial reclamaron "máis compromisos económicos e orzamentarios" que garantan a atención á violencia machista, co gallo do 25-N.

Pola súa banda, o grupo provincial popular pediu máis "apoio ao sector agrogandeiro afectado polas inclemencias meteorolóxicas" e máis "orzamento para atender as necesidades dos 67 concellos da provincia" de cara ao vindeiro ano 2025.

Neste senso, na orde do día figuraba unha proposta de de modificación do orzamento da institutución provincial do actual ano 2024, vía suplemento de crédito.

MÁIS PUNTOS NA ORDE DO DÍA

No tocante a outros asuntos da orde do día, deuse conta dunha solicitude presentada pola empresa concesionaria do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, relativa ao aproveitamento da masa forestal da parcela adscrita ao contrato.

Ademáis, presentouse a proposta de aprobación da addenda de modificación terceira do convenio interadministrativo entre o organismo provincial e o Concello de Monforte de Lemos, entidades ambas presididas polo socialista José Tomé Roca.

Sen sair da zona sur da provincia, no pleno deste martes tamén se deu conta do informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) en relación ao acordo que partiu do executivo provincial para a mellora do regadío do Val de Lemos, aprobada na sesión plenaria do pasado 30 de xullo.

Temas relacionados

Programas

Último boletín

04:00H | 22 DIC 2024 | BOLETÍN