"Altri si" ou "Altri non"? Así se ve o proxecto de fibras téxtiles a pé de rúa en Lugo
O Bloque Nacionalista Galego habilitará este sábado un servizo de bus dende a cidade para acudir á gran manifestación contra a planta convocada na Pobra do Caramiñal

A veciñanza de Lugo opina sobre o proxecto de Altri na comarca da Ulloa
Lugo - Publicado el
1 min lectura
Non podíamos pechar a semana sen falar de Altri. Xa sabes que este sábado a mediodía hai unha gran manifestación na Pobra do Caramiñal en contra da instalación desta planta de macrocelulosa na comarca da Ulloa. O lugar da convocatoria cadra algo lonxe, pero haberá xente de toda a provincia de Lugo que acudirá.
Por este motivo, preguntámoslle á veciñanza da cidade que é o que coñecen sobre todo isto, sobre o proxecto de fibras téxtiles e sobre a súa opinión sobre o mesmo. E, como adoita suceder nestes casos polémicos, hai de todo.
Hai quen soamente sabe de Altri por internet e polas redes sociais e tamén quen amosa abertamente o seu compromiso coa causa. Nestes casos, hai quen fala de desastre ecolóxico, pero tamén quen se lembra dos postos de traballo.
BUSES ATA A POBRA DO CARAMIÑAL
Para asistir á manifestación do sábado, o Bloque Nacionalista Galego habilitará un servizo de bus dende a cidade de Lugo, que sairá ás 9:00 horas do edificio sindical.
Tamén haberá servizo de bus dende os tres municipios da comarca da Ulloa: ás 9:30 horas dende Monterroso, ás 9:45 horas dende Palas de Rei e ás 10:00 horas dende Antas de Ulla.