O BNG fleta buses para animar á xente de Lugo a protestar contra Altri na Pobra do Caramiñal

Haberá un servizo de transporte xestionado polo partido nacionalista, con buses que partirán este sábado ás nove da mañá do edificio sindical parar chegar á manifestación no Barbanza

Altri BNG
00:00
Ramudo

Rubén Arroxo anima á veciñanza de Lugo a sumarse á protesta contra a instalación da fábrica de fibras textiles en Palas de Rei

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O BNG de Lugo animou á veciñanza a unirse á mobilización convocada para este sábado na Pobra do Caramiñal para rexeitar a implantación da fábrica de fibras textiles a base de celulosa que promove a multinacional lusa Altri, a través da sociedade Greenfiber, no concello lugués de Palas de Rei.

O portavoz do BNG na capital lucense, Rubén Arroxo, destacou a importancia desta mobilización "unha vez coñecidos os informes favorables da Xunta de Galiza para este proxecto". Dixo que o partido nacionalista continúa "traballando desde as rúas e as institucións para frear un proxecto que será lesivo para Galiza e tamén para Lugo, dado que a contaminación da planta chegará ata a cidade".

"implantación da macrocelulosa de Altri non só afectará negativamente ao medio ambiente, senón que tamén comprometerá o futuro económico e social de todo o país".

buses dende o centro de Lugo

Para facilitar a participación dos lucenses na manifestación, haberá un servizo de bus para acudir á Pobra do Caramiñal, que partirá desde o Edificio Sindical de Lugo ás 9:00 horas deste sábado, 22 de marzo.

Desde o primeiro momento, dixo Arroxo, o BNG deixou clara a súa frontal oposición á implantación desta industria, que supón "un grave risco para os recursos naturais, especialmente a auga, ademais de poñer en perigo o modelo económico sustentábel e ligado ao territorio que defende o partido".

Asimesmo, lembrou que o BNG continúa a traballar nas institucións, con diversas iniciativas tanto no Parlamento de Galicia como no Congreso e no Senado, no Parlamento Europeo e en deputacións e concellos para reclamar transparencia no proceso e "demandar que se escoite a voz das veciñas e veciños que rexeitan de maneira maioritaria este proxecto".

"Defendemos dun modelo produtivo respectuoso co medio e que priorice os sectores estratéxicos galegos, no canto de favorecer proxectos especulativos que comprometen o futuro do noso país" destacou Arroxo.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Último boletín

18:00H | 25 MAR 2025 | BOLETÍN